Volver ao contido

Portal IGVS

Accesibilidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Axudas
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Rehabilitación
    • Acceso á vivenda
    • Bolsas de Formación
    • Rehabilitación
    • Promoción
    • Outras axudas
  • Accesibilidade
    • Rehabilitación enerxética en edificios existentes
    • Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000 )
    • Accesibilidade
    • Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
    • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI - Xestionadas por Concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral Supramunicipal - ARI dos Camiños de Santiago, Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra
    • Vivendas de titularidade municipal
    • Infravivenda
    • Reparación VPP
    • Préstamos
    • Fondo de cooperación
    • Rehabilitación barrios
    • Programa Rehaluga
volver Volver
  • Rehabilitación
    • Rehabilitación enerxética en edificios existentes
    • Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000 )
    • Accesibilidade
    • Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
    • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI - Xestionadas por Concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral Supramunicipal - ARI dos Camiños de Santiago, Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra
    • Vivendas de titularidade municipal
    • Infravivenda
    • Reparación VPP
    • Préstamos
    • Fondo de cooperación
    • Rehabilitación barrios
    • Programa Rehaluga

Rehabilitación

VI435B - REHABILITACIÓN - Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025

Escoitar

Este programa ten por obxecto o fomento da mellora da accesibilidade en e ás vivendas unifamiliares ailladas ou agrupadas en fila, edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva, intervindo tanto nos seus elementos comúns como no interior de cada vivenda e vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

 

Wed Mar 19 00:01:00 CET 2025
  • Compartir

Procedemento

Concorrencia non competitiva: as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito; considerarase data de presentación aquela na que a solicitude quedase validamente presentada, por terse cuberto na forma correcta e vir acompañada da totalidade dos documentos exixidos nas bases reguladoras.

 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas e entidades beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada:

  1. As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila.
  2. As persoas propietarias ou usufrutuarias de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.
  3. As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.
  4. As comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións, constituídas conforme ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
  5. As sociedades cooperativas de vivendas integradas por socios cooperativistas que precisen aloxamento para si ou os seus familiares, as sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil, así como, polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme ao disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.
  6. As persoas propietarias que, de forma agrupada sexan propietarias de edificios, que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código Civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal.
  7. As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente a suficiente prazo coa propiedade, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.
  8. As persoas arrendatarias de vivendas, no suposto de que as obras ou actuacións non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas partes acorden que a arrendataria costee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo a parte ou á totalidade da renda arrendaticia

Requisitos das vivendas

 Vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila:

    • a) Estar rematadas antes de 2006.
    • b) Que constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar as axudas.
  • Edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva:
    • a) Estar rematados antes de 2006.
    • b) Que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.
    • c) Que, polo menos, o 30 % das vivendas constitúan o domicilio habitual dos seus propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios no momento de solicitar as axudas deste programa.
    • d) Que, de ser o caso, as actuacións conten co acordo da comunidade ou comunidades de persoas propietarias debidamente agrupadas e coa autorización ou autorizacións administrativas correspondentes.
  • Vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva:
    • a) Estar rematadas antes de 2006.
    • b) Que constitúan o domicilio habitual e permanente dos seus propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios no momento de solicitar acollerse ás axudas.

Actuacións subvencionables

Consideraranse subvencionables as actuacións para a mellora da accesibilidade. En particular, as seguintes:

  1. A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente de persoas con mobilidade reducida, tanto en edificios como en vivendas unifamiliares, incluíndo os dispositivos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente. Inclúese a integración mediante un único mecanismo de identificación (teléfono intelixente, cámaras, pantallas ou outros dispositivos tecnolóxicos equivalentes en canto á súa funcionalidade) dos sistemas de apertura e control de accesos e doutros sistemas que necesiten control persoal e a adaptación, cando existan, a altura non superior a 1,40 m dos dispositivos xa instalados.
  2. A instalación ou dotación de produtos de apoio tales como guindastres ou artefactos análogos, así como sistemas tecnolóxicos de guiado que permitan a localización, que permitan o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio no seu caso, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.
  3. A instalación de elementos de información, de comunicación ou de aviso tales como sinais luminosos e visuais, vibrotáctiles ou sonoras que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas. En particular a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade no uso dos ascensores, como a comunicación bidireccional en cabina.
  4. A instalación de produtos de apoio á audición para a accesibilidade no contorno, como os bucles magnéticos.
  5. A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que proporcionan información visual e auditiva e análogos.
  6. A instalación de dispositivos de alarma no ascensor que garantan un sistema de comunicación visual, auditiva e bidireccional co exterior para os casos de emerxencia ou atrapamento. Así como a instalación de bucle magnético nos devanditos dispositivos.
  7. A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.
  8. Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas (unifamiliares, agrupadas en fila ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva) ou nos propios edificios de tipoloxía residencial colectiva obxecto deste programa, así como nas súas vías de evacuación. Inclúense obras dirixidas á ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do Código Técnico da Edificación no referido a vivenda accesible, así como para mellorar as condicións de accesibilidade en baños e cociñas, así como as modificacións e adaptacións necesarias e adecuadas ás necesidades específicas das persoas con discapacidade que habitan as vivendas. Inclúense así mesmo as obras necesarias e complementarias sobre elementos directamente relacionados coa actuación de mellora de accesibilidade universal e cuxo mal estado de conservación aconselle a intervención.
  9. Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no Documento Básico do Código Técnico da Edificación  DB- SUA, Seguridade de utilización e accesibilidade. En particular a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade de utilización nos ascensores, como a mellora da nivelación da cabina.

Contía das axudas

Vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila:

Ata 12.500 €/vivenda

+ 3.000 €/vivenda se é BIC

*Ata 15.000 €/vivenda no caso de residente no edificio con discapacidade

*Ata 18.000 €/vivenda no caso de discapacidade igual ou superior a 33%

Edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva:

Ata 9.000 €/vivenda e 90€/m2 de superficie construída de local comercial ou outros usos compatibles

+ 3.000 €/vivenda se é BIC

*Ata 15.000 €/vivenda no caso de residente no edificio con discapacidade

*Ata 18.000 €/vivenda no caso de discapacidade igual ou superior a 33%

Vivendas ubicadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva:

Ata 6.000 €/vivenda

+ 3.000 €/vivenda se é BIC

*Ata 15.000 €/vivenda no caso de residente no edificio con discapacidade

*Ata 18.000 €/vivenda no caso de discapacidade igual ou superior a 33%

Límite do 60% do custo da actuación

*Ata o 80% no caso de residente con discapacidade ou maior de 65 anos

 

Prazo de execución de obras

O prazo de execución das actuacións en ningún caso poderá exceder do 01 de decembro de 2026.

Prazo de presentación de solicitudes

Do 27/03/2025 ás 9.00 horas, ata o 28/04/2025 ás 14.00 horas

Información

012  
ÁREA PROVINCIAL IGVS A CORUÑA 881 881 096
ÁREA PROVINCIAL IGVS LUGO 982 294 602 - 982 294 942
ÁREA PROVINCIAL IGVS OURENSE 988 386 281
ÁREA PROVINCIAL IGVS PONTEVEDRA 886 206 952 - 986 805 624
SERVICIOS CENTRAIS IGVS 981 541 981 - 981 541 982 - 981 957 529

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2025 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).
RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2025 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).
RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2024 con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).
RESOLUCIÓN de 16 de mayo de 2023 por la que se modifican las bases reguladoras del Programa de mejora de la accesibilidad en y a las viviendas del Plan estatal para el acceso a la vivienda 2022-2025 y se procede a su convocatoria para el año 2023, con carácter plurianual (código de procedimiento VI435B).
EXTRACTO de la Resolución de 16 de mayo de 2023 por la que se modifican las bases reguladoras del Programa de mejora de la accesibilidad en y a las viviendas del Plan estatal para el acceso a la vivienda 2022-2025 y se procede a su convocatoria para el año 2023, con carácter plurianual (código de procedimiento VI435B).
RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).
Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o bono alugueiro mocidade e o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025.

Documentos relacionados

  • Resumo axudas

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal