Volver ao contido

Portal IGVS

Aluguer-Covid-19

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Covid-19
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
  • Aluguer-Covid-19
volver Volver
  • Covid-19

Axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual (VI432E)

Escoitar
Wed Feb 02 14:59:00 CET 2022
  • Compartir

Este programa está previsto no Plan estatal de vivenda 2018-2021, regulado no Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo e ten por obxecto conceder axudas ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social do COVID–19, teñan problemas transitorios para atender ao pagamento parcial ou total do alugueiro.

Especificamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 del Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19 e contraídas polas persoas arrendatarias de vivenda habitual, a cuxa devolución no puideran facer fronte.

 

 

Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, na data de presentación da solicitude, cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda situada en Galicia cunha duración mínima dun ano.
  • Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa solicitante e da súa unidade de familiar.
  • Estar ao día do pagamento da renda do alugueiro dos tres últimos meses inmediatamente anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda.
  • Estar en situación de vulnerabilidade económica.
  • Que a persoa solicitante e os membros da súa unidade familiar non sexan propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España.
  • Que a persoa solicitante e os membros da súa unidade familiar non teñan parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.

 

Situación de vulnerabilidade económica

A situación de vulnerabilidade económica exixe a concorrencia conxunta dos seguintes requisitos:

  • Que a persoa arrendataria pase a estar, a partir do 14 de marzo de 2020, en situación legal de desemprego, expediente temporal de regulación de emprego, ou reducise a súa xornada por motivo de coidados, ou cesado a súa actividade en caso de traballador por conta propia, ou outras circunstancias similares vinculadas á actividade laboral ou empresarial, que lle supoñan unha perda substancial de ingresos.
  • Que os ingresos netos de todos os membros da unidade familiar, no mes anterior á solicitude, non acaden o límite de 3, 4 ou 5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), segundo o seguinte cadro:

 

Ingresos máximos aplicable

(*)

Circunstancias

3 veces o IPREM (1.613,52 €)

Límite aplicable con carácter xeral

4 veces o IPREM

(2.151,36 €)

Límite aplicable cando un membro da unidade familiar cumpra unha destas condicións:

 

-Teña declarada discapacidade superior ao 33%..

-Estea en situación de dependencia.

-Padeza enfermidade que o incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral

5 veces o IPREM

(2.689,20 €)

Límite aplicable cando a persoa arrendataria cumpra unha destas condicións:

 

-Parálise cerebral.

-Enfermidade mental.

-Discapacidade intelectual, cun grado recoñecido igual ou superior ao 33%.

-Discapacidade física ou sensorial, cun grado recoñecido igual ou superior ao 65 %.

-Enfermidade grave que incapacite acreditadamente, á persoa ou ao seu coidador, para realizar unha actividade laboral.

 

(*) O límite máximo de ingresos se incrementará 0,1 veces o IPREM por fillo ou persoa maior de 65 anos e de 1,5 veces o IPREM por fillo no caso de familias monoparentais.

  • Que a renda, máis os gastos e subministracións básicas do mes anterior á solicitude da axuda, resulte superior ou igual ao 35% dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.

 

Contía das axudas

A contía desta axuda será de ata 500 euros mensuais, sen que en ningún caso poda exceder do importe da renda do contrato, durante un período máximo de seis meses.

No suposto de ter accedido ás axudas transitorias de financiamento reguladas no artigo 9 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, a axuda poderá chegar ata un importe de 3.000 euros, co que se satisfará total ou parcialmente o pago da renda da vivenda habitual.

 

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2021.

Documentos relacionados

  • Cadro resumo sobre a axuda.

Ligazóns relacionados

  • Resolución do 11 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade da relación das persoas beneficiarias do programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual no ano 2021 (código de procedemento VI432E)
  • Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 20182021.
  • Resolución do 26 de febreiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento VI432E).
  • Extracto da Resolución do 26 de febreiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento VI432E).
  • Acceso á sede electrónica da Xunta de Galicia

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal