Volver ao contido

Portal IGVS

Adquisicion vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Adquisición
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
  • Adquisicion vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia
    • Histórico Axudas
    • Adquisicion vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia
volver Volver
  • Adquisición
    • Histórico Axudas
    • Adquisicion vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia

Adquisición

Programa de axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia (VI501A)

Escoitar

OBXECTIVO

As axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende as seguintes tres modalidades:

  • Modalidade A: Adquisición de vivendas localizadas nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.

  • Modalidade B: Adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.

  • Modalidade C: Adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial.

Tue Jan 14 00:05:00 CET 2025
  • Compartir

Prazo de presentación das solicitudes

Dende o 27/01/2025 ata o 15/10/2025.

Forma de presentación das solicitudes

Presencialmente ou electrónicamente.

Información

  • SERVIZOS CENTRAIS IGVS........................981541981-981541982-981957529
  • DIRECCIÓN TÉCNICA DE FOMENTO ............981957887 - 981957838

Consultas

planificacion.igvs@xunta.gal

MODALIDADE A

Requisitos dos solicitantes

  • Persoas físicas maiores de idade, adquirentes dunha vivenda por contrato privado ou escritura pública.
  • Menores de 36 anos na data da solicitude ou na da compra (se é anterior á publicación da convocatoria).
  • Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suiza (no caso de estranxeiros: autorización de estancia ou residencia en España).
  • Estar empadroadas na vivenda (o solicitante e a súa unidade de convivencia), no caso de que a escritura pública fose anterior á presentación da solicitude.
  • Non ser propietario nin usufrutuario dalgunha vivenda en España (o solicitante e a unidade de convivencia). Hai excepcións.

 

Ingresos anuais UC

(Cálculo segundo datos fiscais de 2022)

Iguais ou inferiores a 3 veces IPREM 2024 (25.200€) (1)

Iguais ou inferiores a 4 veces IPREM 2024 (33.600 €)

Existan persoas con discapacidade distintas das indicadas no recadro seguinte.

Iguais ou inferiores a 5 veces IPREM 2024 (42.000€)

-Persoas con parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento igual ou superior ao 33%

-Discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 33%

 

Requisitos das vivendas adquiridas

  • Adquiridas con posterioridade ao 31 de outubro de 2024 ou aquelas que presentasen unha solicitude ao abeiro da convocatoria de 2024 e fose denegada por esgotamento do crédito.
  • Situadas en concellos de Galicia cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.
  • Que o seu prezo de adquisición sexa igual ou inferior a 120.000 € (inclúe anexos e exclúe gastos e tributos de adquisición).
  • Vivenda xa construída (tanto nova como usada).

 

Importe subvención

  • Propietario único: Ata 10.800 € por vivenda, co límite do 20% do prezo de venda sen incluír gastos e tributos de adquisición.
  • Copropiedade: a parte proporcional en función da súa porcentaxe de participación. Se todos os copropietarios cumpren os requisitos: unha solicitude por copropietario.

 

MODALIDADE B

Requisitos dos solicitantes

  • Persoas físicas maiores de idade.
  • Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suiza ou parentesco determinado pola normativa de aplicación (no caso de estranxeiros non comunitarios: autorización de estancia ou residencia en España).
  • Ingresos anuais da unidade de convivencia iguais ou inferiores a 6,5 veces IPREM 2024 (1)
  • Non ser propietario nin usufrutuario dalgunha vivenda en España (o solicitante e a UC). Hai excepcións.

 

Requisitos das vivendas adquiridas

  • Adquiridas con posterioridade ao 31 de outubro de 2024 mediante contrato privado ou escritura pública de compravenda.

  • Situadas en centros históricos enunciados no anexo da Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 51, do 13 de marzo de 2018).

    Prezo das vivendas (excluídos gastos e tributos)

    Vivendas situadas nos concellos A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo (2)

    Vivenda: 229.920 €

    Vivenda e garaxe: 248.313,60 €

    Vivenda e rocho: 234.518,40 €

    Vivenda, garaxe e rocho: 252.912 €

    Vivendas situadas nos restantes concellos (3)

    Vivenda: 197.280 €

    Vivenda e garaxe: 213.062,40 €

    Vivenda e rocho: 201.225,60 €

    Vivenda, garaxe e rocho: 217.008 €

 

  • Vivenda xa construída: novas, usadas e as que vaian ser obxecto de rehabilitación.

 

 Importe subvención

Límite do 20% do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes

  • Vivendas non situadas nunha Área Rexurbe.

    • Vivendas adquiridas por menores de 36 anos: Ata 12.800 € por vivenda.

    • Vivendas adquiridas por maiores ou igual a 36 anos: Ata 10.800 € por vivenda.
  • Vivendas situadas nunha Área Rexurbe declarada:
    • 15.000 € por vivenda independentemente da idade.

(1) IPREM 2024 = 8.400 €

(2) Non pode superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior (1.916 €), computando unha superficie útil de 120m2 e sen íncluir os gastos e tributos inherentes a dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8% no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2% no suposto de dispoñer de rocho.

(3) Non pode superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia (1.644 €), computando unha superficie útil de 120m2, e sen incluír os gastos e tributos inherentes a dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8% no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2% no suposto de dispoñer de rocho.

 

MODALIDADE C

Requisitos dos solicitantes

  • Persoas físicas maiores de idade.
  • Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suiza ou parentesco determinado pola normativa de aplicación (no caso de estranxeiros non comunitarios: autorización de estancia ou residencia en España).

 

Requisitos vivendas adquiridas

  • Vivendas de protección autonómica de réxime xeral ou especial.
  • Que conten con resolución de cualificación definitiva na data de publicación da correspondente convocatoria.
  • Adquiridas con posterioridade ao 31 de outubro de 2024.

 

Importe subvención

Límite do 20% do prezo de venda, sen incluír os gatos e tributos inherentes

 Vivendas situadas na Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo  Menores de 36 anos  Ata 20.000 €
 Maiores ou igual a 36 anos  Ata 16.000 €
 Vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia Menores de 36 anos  Ata 16.000 €
Maiores ou igual a 36 anos  Ata 12.000 €

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A).
RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidad Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento VI501A).
Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Alugueiro Mocidade e o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 .
Resolución do 1 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022. (código de procedemento VI435A).
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se procede á convocatoria das axudas para a adquisición de vivenda en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 para o ano 2023 (código de procedemento VI435A).
EXTRACTO da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se procede á convocatoria das axudas para a adquisición de vivenda en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 para o ano 2023 (código de procedemento VI435A).

Documentos relacionados

  • Cadro resumo sobre a axuda

Ligazóns relacionados

  • Ligazón a Sede elctrónica da Xunta de Galicia - Procemento Vi435A
  • DOG número 31, do 13 de febreiro de 2024. Resolución do 12 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (Código de procedemento VI501A).

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal