Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá as instalacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo inauguradas en Santiago de Compostela

A Xunta estrea a oficina de rehabilitación de vivenda para garantir que as axudas con fondos europeos cheguen ao maior número de beneficiarios

Escoitar

O novo punto de información, que leva uns días en funcionamento, estará aberto de luns a venres polas mañás e atenderá tamén consultas telefónicas no 881 045 897

Ángeles Vázquez subliña a oportunidade que suporán para Galicia estas novas liñas de subvención, xa que facilitarán a reforma enerxética dos fogares e o acceso á vivenda, ao tempo que contribuirán a dinamizar o sector construtivo e de reformas

Sat Mar 12 12:42:00 CET 2022
  • Compartir

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2022.- A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha a Oficina de rehabilitación de vivenda, un punto informativo que nace co obxectivo de asesorar e dar a coñecer entre os seus potenciais beneficiarios os novos programas de axudas con fondos europeos en materia residencial.

Precisamente, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou hoxe a oficina, localizada xunto ás dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Santiago de Compostela, concretamente en Área Central, e concibida para garantir que as diferentes subvencións que se convocarán este ano para financiar actuacións de construción e rehabilitación con fins residenciais cheguen ao maior número posible de persoas e entidades.

O punto de información do IGVS leva xa uns días en funcionamento e estará aberto de luns a venres polas mañás, en horario de 9 a 14 horas. Os interesados tamén terán a opción de facer consultas por teléfono, a través do número 881 045 897, o mesmo ao que haberá que chamar para pedir cita previa en caso de preferir atención presencial.

Acompañada polo director do IGVS, Heriberto García, e polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, a conselleira tivo ocasión de coñecer as instalacións da nova oficina, así como a unha parte do seu cadro de persoal, integrado por 14 traballadores que se encargarán de atender as consultas de concellos, particulares e entidades con relación ás diferentes liñas de axudas de fondos europeos.

Tras subliñar a gran oportunidade que suporán para Galicia estas subvencións, xa que facilitarán a reforma enerxética dos fogares e o acceso á vivenda, á vez que contribuirán a dinamizar o sector da construción e das reformas, Ángeles Vázquez referiuse aos cinco programas sobre os que ofrecerá asesoramento especializado a nova oficina.

En concreto, informarase sobre as axudas a nivel de barrio, dotadas con 22,9 millóns de euros; as axudas a nivel de edificio, que disporán do mesmo orzamento que as anteriores; as axudas para a redacción de proxectos e elaboración do libro do edificio, cunha partida asignada de 3,4 millóns; as axudas á construción ou rehabilitación de vivendas de alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes, cunha dotación de 16,1 millóns de euros; e as axudas a nivel de vivenda, as únicas que xa están convocadas, cun orzamento de 13,5 millóns de euros e que se poderán solicitar ata o vindeiro 14 de outubro para realizar pequenas obras de eficiencia enerxética, como o cambio de ventás.

Así mesmo e coa finalidade de que toda a información relativa a estes novos programas acade a maior difusión posible, a conselleira avanzou que se está a ultimar tamén unha guía informativa dirixida a particulares, concellos e promotores interesados en realizar obras de rehabilitación enerxética no eido residencial.

O documento definitivo, segundo dixo, estará dispoñible en breve tanto en papel, para a súa consulta nas diferentes oficinas do IGVS, como en versión dixital, para descargalo a través da páxina web do organismo autonómico.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal