O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA AXUDAS POR MÁIS DE 12,5 MILLÓNS DE EUROS PARA ACTUAR EN 52 ÁREAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL
- Compartir
-
O Goberno galego aprobou hoxe a sinatura dos convenios con 34 municipios nos que se destinarán 10,3 millóns para actuar en preto de 1.300 vivendas
-
Elévase en case 1 millón de euros a contía das axudas con respecto á convocatoria anterior
-
O Consello da Xunta autoriza ademais o investimento de 2,1M€ nas axudas para recuperar vivendas e entornos urbanos na Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago
-
A Xunta incrementa con case 3 millóns de euros de fondos propios o orzamento procedente do Plan estatal de vivenda
O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dos convenios que permitirán destinar máis de 12,5 millóns de euros a axudas para actuar en 52 áreas de rehabilitación integral existentes en Galicia.
En concreto, o Goberno galego aprobou os acordos cos 34 municipios que solicitaron axudas para actuar en 51 áreas de rehabilitación integral, cun investimento de case 10,4 millóns de euros. Esta convocatoria supera en case 1 millón de euros á anterior, e permitirá actuar en preto de 1.300 vivendas.
Ademais, o Consello da Xunta deulle hoxe o visto e prace ao investimento de máis de 2,1 millóns de euros en axudas para recuperar vivendas e espazos urbanos na Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago en 2018, o que significará unha actuación en 300 inmobles. A convocatoria das axudas da ARI dos Camiños de Santiago para 2018 publicarase antes de finais deste ano e incluirá os fondos estatais previstos no convenio e 750.000 euros máis achegados pola Xunta, polo que o importe de dita convocatoria será de preto de 2,9 millóns de euros.
En total, o Goberno galego achega algo máis de 2,9 millóns de euros a incrementar o orzamento das axudas que proceden do Plan estatal de vivenda, xestionado polo Ministerio de Fomento. Sumando os 750.000 euros que se incluirán na convocatoria da ARI dos Camiños de Santiago a achega autonómica ascende a máis de 3,7 M€.
O reparto dos fondos é o seguinte:
| Ministerio de Fomento € | Xunta de Galicia € | Total € |
51 ARI emprazadas en 34 concellos | 7.415.649,55 | 2.976.871,25 | 10.392.520,80 |
ARI dos Camiños de Santiago | 2.122.434,45 | (*) | 2.122.434,45 |
TOTAL | 9.538.084,00 | 2.976.871,25 | 12.514.955,25 |
* A convocatoria das axudas para 2018 da ARI dos Camiños de Santiago, que se publicará antes de finais de 2017, incluirá 750.000 euros de financiamento autonómico que non están incluídos no convenio a asinar co Ministerio de Fomento
Actuacións en 34 concellos
En virtude dos acordos aprobados hoxe, recibirán axudas públicas para actuacións de rehabilitación de vivendas e espazos públicos aqueles concellos que, tendo unha ou máis ARI declaradas, solicitaron as axudas despois de que a Xunta abrise o prazo o pasado 30 de xuño.
Os obxectivos do programa de r exeneración e renovación urbanas que se executa a través das Áreas de Rehabilitación Integral ten por obxecto o financiamento da realización das seguintes actuacións:
-
Execución de obras en edificios e vivendas, para adaptalos á normativa vixente (habitabilidade, accesibilidade, etc. ...)
-
Execución de obras de urbanización e reurbanización en espazos públicos para a mellora da calidade e sustentabilidade, a accesibilidade e a eficiencia enerxética.
-
A execución de obras de demolición e edificación de vivendas de nova construción.
-
O custo do realoxo temporal de ocupantes da súa vivenda habitual, froito das actuacións que se realizan.
-
Os gastos de mantemento de equipos técnicos e oficinas de información e xestión.
Unha vez asinados os convenios cos correspondentes concellos, serán estes os encargados de realizar a convocatoria para que os propietarios de vivendas e edificios de vivendas interesados nas mesmas poidan solicitalas.
No caso de concellos nos que existe máis dunha área de rehabilitación, o reparto de fondos entre os mesmos foi realizado polo propios concellos.
FONDOS ASIGNADOS A CADA ÁREA DE REHABILITACIÓN
CONCELLO | ÁMBITO | MINISTERIO | XUNTA | TOTAL |
A Coruña
| Grupo de Vivendas dos Mariñeiros | 632.408,15 | 280.722,28 | 913.130,43 |
Núcleo San Vicente de Elviña | 103.125,00 | 18.750,00 | 121.875,00 | |
Betanzos | Conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección | 111.000,00 | 44.769,59 | 155.769,59 |
Corcubión | Casco Histórico de Corcubión | 78.321,60 | 24.800,00 | 103.121,60 |
Ferrol | Barrios históricos A Magdalena e Ferrol Vello | 362.125,00 | 158.054,00 | 520.179,00 |
Barrio da Graña | 28.500,00 | 15.348,26 | 43.848,26 | |
Barrio Esteiro Vello | 67.325,00 | 37.710,82 | 105.035,82 | |
Barrio de Recimil | 575.250,00 | 205.607,14 | 780.857,14 | |
Neda | Conxunto histórico de Neda | 34.809,60 | 14.039,74 | 48.849,34 |
Noia | Casco histórico de Noia | 119.700,00 | 48.278,56 | 167.978,56 |
Mugardos | Núcleos de Mugardos e O Seixo | 44.400,00 | 17.907,84 | 62.307,84 |
Muros | Núcleo histórico de Muros | 69.619,20 | 28.079,49 | 97.698,69 |
Padrón | Casco urbano histórico Padrón | 144.000,00 | 58.079,47 | 202.079,47 |
Rianxo | Rianxo, Rianxiño e A Fincheira | 52.214,40 | 21.059,62 | 73.274,02 |
Santiago | Casco histórico Santiago Compostela | 143.750,00 | 65.379,50 | 209.129,50 |
Grupos de vivendas "Compostela e Cardeal Quiroga Palacios do Barrio de Pontepedriña | 264.000,00 | 98.764,32 | 362.764,32 | |
Polígono de Vista Alegre | 360.000,00 | 149.528,64 | 509.528,64 | |
Barrio de Vite | 264.000,00 | 98.764,32 | 362.764,32 | |
Chantada | ARI Casco antigo de Chantada | 67.200,00 | 27.103,75 | 94.303,75 |
Lourenzá | Casco Antigo de Lourenzá e zonas de respecto | 65.268,00 | 26.324,52 | 91.592,52 |
Mondoñedo | Casco histórico e Barrios San Lázaro e Os Muíños | 91.501,00 | 36.905,07 | 128.406,07 |
Monforte | Conxunto histórico e zonas de respecto no Concello de Monforte de Lemos | 91.375,20 | 36.854,33 | 128.229,53 |
Quiroga | Núcleo urbano de Quiroga | 60.916,80 | 24.569,55 | 85.486,35 |
Ribadeo | Casco histórico da vila de Ribadeo | 50.013,40 | 19.003,83 | 69.017,23 |
Núcleo de Rinlo | 15.521,00 | 6.006,00 | 21.527,00 | |
Sober | Concello de Sober | 120.900,00 | 49.139,11 | 170.039,11 |
Viveiro | Casco histórico de Viveiro | 86.136,00 | 34.741,20 | 120.877,20 |
Castro Caldelas | Casco histórico de Castro Caldelas | 28.800,00 | 11.615,89 | 40.415,89 |
Celanova | Entorno Mosteiro S. Salvador e Burgo de Vilanova dos Infantes | 29.100,00 | 11.736,89 | 40.836,89 |
Ourense | Conxunto histórico de Ourense | 304.500,00 | 97.285,71 | 401.785,71 |
Núcleo de Seixalbo | 60.000,00 | 23.214,28 | 83.214,28 | |
Polvorín, Camelias e Carballeira | 550.000,00 | 250.357,13 | 800.357,13 | |
Barrios Serra de San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada | 70.000,00 | 23.214,27 | 93.214,27 | |
Ribadavia | Casco histórico de Ribadavia | 57.500,00 | 24.200,00 | 81.700,00 |
Vilar de Santos | Núcleo de Vilar de Santos | 43.200,00 | 15.485,70 | 58.685,70 |
Xunqueira de Ambía | Casco histórico de Xunqueira de Ambía | 68.908,80 | 27.792,96 | 96.701,76 |
Caldas de Reis | Núcleo de Santo Tomé | 88.800,00 | 35.815,68 | 124.615,68 |
Cambados | Casco histórico de Cambados | 150.738,00 | 60.797,11 | 211.535,11 |
Cangas | Casco antigo e zona ampliada de Cangas | 87.024,00 | 35.099,36 | 122.123,36 |
Marín | Casco vello e barrio da "Banda do Río Lameira" | 241.640,00 | 96.040,00 | 337.680,00 |
Poio | Conxunto histórico-artístico de Combarro | 34.809,60 | 14.039,74 | 48.849,34 |
Pontevedra | Casco histórico de Pontevedra | 228.521,71 | 88.685,59 | 317.207,30 |
Núcleo de Estribela | 85.038,29 | 37.782,46 | 122.820,75 | |
Tui | Casco histórico de Tui | 51.148,80 | 20.629,83 | 71.778,63 |
Vigo | Casco vello de Vigo | 484.106,00 | 167.000,00 | 651.106,00 |
Casco histórico de Bouzas-Vigo | 195.314,00 | 74.000,00 | 269.314,00 | |
Grupo de Casas Santa Clara. Cabral | 34.170,00 | 30.120,00 | 64.290,00 | |
Rúas Bueu-Moaña, Polígono Coia | 225.145,00 | 107.500,00 | 332.645,00 | |
Vilagarcía | Núcleo de Carril | 64.602,00 | 26.055,90 | 90.657,90 |
Núcleo de Vilaxoán | 64.602,00 | 26.055,90 | 90.657,90 | |
Casco Vello de Vilagarcía de Arousa | 64.602,00 | 26.055,90 | 90.657,90 | |
TOTAL |
| 7.415.649,55 | 2.976.871,25 | 10.392.520,80 |
Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago
Polo que respecta á área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, o Consello da Xunta autorizou o convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, e o Ministerio de Fomento, o que permitirá destinar en 2018 máis de 2,1 millóns de euros de financiamento estatal a actuacións de rehabilitación nas vivendas emprazadas nas sete rutas dos Camiños de Santiago declaradas e delimitadas, o que significará unha actuación en 300 inmobles. A esta contía sumaranse 750.000 euros de financiamento autonómico na convocatoria.
Esta Área de Rehabilitación Integral comprende 445 parroquias de 107 concellos das catro provincias galegas. Poden acollerse a estas axudas todas as vivendas das parroquias rurais polas que transcorren as rotas do Camiño, mentres que nas zonas urbanas poden beneficiarse as vivendas emprazadas na delimitación do Camiño.
Na ARI dos Camiños de Santiago está en vigor a convocatoria realizada no pasado mes de xuño de 2017, por importe de máis de 2,9 millóns de euros, e cuxo prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2017.