En total prevense 1.750 actuacións fronte ás 1.000 incluídas no último convenio, asinado o pasado 22 de febreiro na Coruña
GALICIA INCREMENTA NUN 75 POR CENTO O NÚMERO DE ACTUACIÓNS EN ÁREAS DE REHABILITACIÓN NO NOVO CONVENIO ASINADO HOXE ENTRE A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO
Fri Dec 17 13:28:00 CET 2010
- Compartir
- Agustín Hernández pediulle ao Goberno central que o recorte orzamentario previsto para as axudas á vivenda afecte na menor medida posible a Galicia e que se teñan en conta as peculiaridades da nosa comunidade
- Declárase a área de rehabilitación do Camiño de Santiago, que comprende as sete rutas existentes en Galicia, afectando a un total de 108 concellos
- O número de concellos galegos con áreas de rehabilitación pasa de 34 a 130.
- Tamén se asinaron acordos en materia de aloxamentos protexidos en alugueiro e desenvolvemento de solo residencial para vivenda protexida
Santiago, 17 de decembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rehabilitará 1.750 novas vivendas nas áreas de rehabilitación declaradas no seu territorio, segundo establece o convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento no marco da reunión bilateral que tivo lugar hoxe na Coruña. Asemade, no marco da reunión bilateral declarouse a nova área de rehabilitación do Camiño de Santiago, que inclúe tódalas rutas do mesmo que transitan por Galicia.
Así mesmo, Agustín Hernández pediulle ao Goberno central que o recorte orzamentario previsto para as axudas á vivenda afecte, na menor medida posible, a Galicia e que se teñan en conta as peculiaridades da nosa comunidade
Tamén se asinaron acordos referidos a catro promocións de aloxamentos protexidos en varias localidades galegas, así como os correspondentes a cinco áreas de urbanización prioritaria, co obxectivo de que os promotores non perdan as axudas estatais que van desaparecer no ano próximo.
Finalmente asinouse un acordo no que se establece a achega do ministerio ao financiamento das oficinas de rehabilitación na súa faceta de portelo únicos.
Áreas de rehabilitación
O convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio contempla un total de 1.750 actuacións en vivendas e edificios de vivendas emprazados nun total de corenta e catro áreas de rehabilitación declaradas en Galicia, polo que a cifra de obxectivos, en número de vivendas, incluídos neste convenio supón un incremento do 70 por cento respecto do anterior convenio, asinado na Coruña o 22 de febreiro pasado, no que se acordaron 1.000 actuacións de rehabilitación nas áreas galegas
Concello | Nome área | Obxectivos 2010 |
A Coruña | Grupo vivendas O Birloque | 40 |
Grupo vivendas Sta. Cristina | 52 | |
Grupo vivendas Os Mariñeiros | 54 | |
Betanzos | Conxunto Histórico | 14 |
Ferrol | Conxunto Histórico | 27 |
A Graña | 8 | |
Neda | Núcleo Histórico | 14 |
Noia | Conxunto Histórico | 22 |
Mugardos | Casco antigo de Mugardos | 15 |
Muros | Conxunto Histórico | 33 |
Padrón | Núcleo Padrón | 11 |
Rianxo | Rianxo, Rianxió a Fincheira | 11 |
Santiago Compostela | Conx. Histórico | 82 |
Pontepedriña | 55 | |
Vista Alegre | 22 | |
Chantada | Chantada | 22 |
Lourenzá | Lourenzá | 11 |
Lugo | Conx. Histórico | 82 |
Mondoñedo | Mondoñedo | 22 |
Monforte Lemos | Monforte Lemos | 22 |
Quiroga | Praza Maior e Pazos de Mondelo | 22 |
Ribadeo | Ribadeo | 27 |
Rinlo | 16 | |
Sarria | Sarria | 14 |
Vilalba | Vilalba | 16 |
Viveiro | Viveiro | 27 |
Castro Caldelas | Castro Caldelas | 16 |
Celanova | Celanova | 16 |
Ourense | Conx. Histórico | 27 |
Seixalbo | 10 | |
Polvorín, Camelias e Carballeira | 77 | |
Ribadavia | Conx. Histórico | 16 |
San Cristovo | 10 | |
Verín | Verín | 10 |
Cambados | Cambados | 19 |
Cangas | Cangas | 27 |
Pontevedra | Pontevedra: Estribela | 27 |
Tui | Tui | 16 |
Vigo | Casco Vello | 82 |
Bouzas | 27 | |
Vilagarcía Arousa | Carril | 14 |
Vilaxoán | 14 | |
Casco Vello | 28 | |
GALICIA (Varios) | Camiños de Santiago | 573 |
| TOTAL OBXECTIVOS | 1.750 |
Camiño de Santiago
Dende hoxe as sete rutas do Camiño de Santiago que transitan polas catro provincias galegas están declaradas área de rehabilitación integral, cun total de 573 obxectivos no reparto realizado hoxe.
A área de rehabilitación do Camiño de Santiago comprende tódalas rutas existentes en Galicia, incluído o Camiño Francés, que xa fora declarado área de rehabilitación na bilateral celebrada o pasado 22 de febreiro, inda que daquela non se lle adxudicaran obxectivos.
Poderanse beneficiar das axudas desta nova área de rehabilitación as vivendas emprazadas no trazado das sete rutas do Camiño, que discorren por un total de 108 concellos galegos.
Coa declaración da área de rehabilitación do Camiño de Santiago pasan de 34 a 130 os concellos galegos que dispoñen de algunha área de rehabilitación declarada.
Aloxamentos protexidos
Por primeira vez se asinaron acordos referidos á promoción de aloxamentos protexidos, xa que na modificación do Plan de Vivenda o Ministerio introduce a obriga de que se asinen acordos específicos para este tipo de aloxamentos.
Por ese motivo asináronse os seguintes acordos:
- 65 aloxamentos protexidos en Narón.
- 4 aloxamentos en Forcarei, Pontevedra.
- 6 aloxamentos en Lugo.
- 21 aloxamentos en Taboada, Lugo.
Áreas de urbanización prioritaria
No marco da bilateral asináronse os últimos catro acordos de Áreas de Urbanización Prioritaria que, previsiblemente, recibirán axudas estatais, xa que as mesmas van desaparecer no ano que ven.
Estas actuacións de solo residencial corresponden aos concellos de Brión, Santiago de Compostela (Lamas de Abade e A Muíña), A Coruña (Mesoiro) e Barrocás, esta última na provincia de Ourense.
Oficinas de rehabilitación-portelos únicos
No ámbito das oficinas de rehabilitación, as reclamacións da Xunta de Galicia deron como froito que o Ministerio manteña parte do financiamento das mesmas como portelos únicos, inda que cunha importante redución respecto de anos anteriores.
Desta maneira, a achega do Ministerio de Fomento para compensar os gastos municipais de ditos portelos únicos en 2010 acadará 1.050.000 euros, que supón unha redución do 54,55 por cento respecto dos 2,31 millóns de euros do ano anterior.
Organización:
Área: Axudas ; Rehabilitación ; Vivenda