Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

As novas funcións que asumirá a oficina teñen como obxectivo mellorar os servizos que se prestan aos cidadáns de Pontevedra

O IGVS INCREMENTOU ESTE ANO EN MÁIS DUN 33 POR CENTO A DOTACIÓN DA OFICINA DE REHABILITACIÓN DE PONTEVEDRA

Escoitar
Wed Mar 03 08:57:00 CET 2010
  • Compartir
-         A meirande parte dos fondos para o financiamento das Oficinas de Rehabilitación corresponden á súa condición de Portelo Único, que ata o de agora non desempeñaban
-         As oficinas de rehabilitación ofrecerán información sobre todas as axudas de rehabilitación aplicables no seu concello e non se centrarán practicamente en exclusiva nas-áreas de rehabilitación, como ata o de agora
-         As 34 oficinas de rehabilitación existentes en Galicia teñen un cadro de persoal formado por 170 persoas
 
Santiago, 3 de marzo de 2010.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, subvencionará o 50 por cento dos gastos da Oficina de Rehabilitación de Pontevedra en 2010, cun límite máximo de 80.000 euros, o que supón un incremento de máis do 33 por cento respecto do ano pasado. Este ano o límite máximo do financiamento achegado polo IGVS ás oficinas de rehabilitación de concellos con máis de 25.000 habitantes pasou dos 60.000 euros que recibían ata agora a 80.000 euros.
 
Este non é o único financiamento que recibe dita Oficina de Rehabilitación, xa que o Ministerio de Vivenda tamén financia unha parte do seu custe, que en 2009 acadou os 52.236 euros. Para 2010 está previsto que o Ministerio achegue unha cantidade fixa de 15.150 euros, así como unha contía non determinada de fondos finalistas. En calquera caso, a Oficina de Rehabilitación de Pontevedra contará en 2010 cun mínimo de 95.150 euros, aos que haberá que sumar outra contía, por determinar, entre 30 e 40.000 euros, o que supón dobrar os 60.000 euros aos que fixo referencia a Concelleira de Urbanismo de Pontevedra.
 
Como se reflicte no seguinte cadro, a única contía que reciben como Oficina de Rehabilitación é de 15.150 euros, correspondendo o resto á súa condición de Portelos Únicos.
 
Financiación da oficina de Pontevedra 2008-2010
 
 
2009
2010
Xunta de Galicia (Portelo único)
60.000
80.000
Ministerio de Vivenda (Portelo Único)
37.086
Por determinar
Ministerio de Vivenda (Oficina de Rehabilitación)
15.150
15.150
 
A meirande parte do financiamento que reciben as Oficinas de Rehabilitación ven dado pola súa condición de Portelo Único que o IGVS vai reforzar, encargándoas de xestionar todas as axudas de rehabilitación aplicables no concello de Pontevedra. Esta condición de Portelo Único ven reflectida tanto no Real Decreto que regula o Plan de Vivenda para toda España como no Decreto da Xunta de Galicia que regula a súa aplicación na nosa comunidade autónoma.
 
A Oficina de Rehabilitación de Pontevedra leva ata o momento tramitados 22 expedientes da primeira fase da área de rehabilitación de Estribela, (declarada en novembro de 2007) e outros sete da segunda fase. En 2009 tramitou nove informes técnicos para a obtención da cédula de rehabilitación e 37 do Plan Renove.
 
As novas competencias que o IGVS lles encarga son perfectamente asumibles sen que se resintan as xestións que realizaba ata o de agora, e teñen como obxectivo mellorar os servizos que se prestan aos cidadáns de Pontevedra.
 
Novos cometidos
Co plan do IGVS, ao traballo das oficinas de rehabilitación incorporase ofrecer información sobre axudas tales como a rehabilitación de edificios e vivendas do Plan de Vivenda 2009-2012, as axudas autonómicas de rehabilitación rural e de cascos históricos (cando sexa o caso) e calquera outra axuda en materia de rehabilitación. O obxectivo fundamental desta medida é mellorar o servizo que a administración presta aos cidadáns, racionalizando os medios existentes para tal fin
Competencias actuais das oficinas de rehabilitación
- Ofrecer información e tramitar axudas das áreas de rehabilitación.
- Informes da Cédula de Rehabilitación
Novas competencias
- Ofrecer información e tramitar axudas das áreas de rehabilitación
- Informar sobre axudas de rehabilitación do Pan de Vivenda alleas á área de rehabilitación e polo tanto aplicables a todo o concello.
- Informar sobre as axudas autonómicas para rehabilitación en conxuntos históricos
- Informar sobre axudas autonómicas de rehabilitación rural
- Informar sobre calquera outra axuda de rehabilitación aplicable no concello en que se atopan
Organización:
Área: Axudas ; Rehabilitación ; Vivenda

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal