- Inicio
- O IGVS
- Estrutura Orgánica
-
A Secretaría Xeral
- Visión da estrutura orgánica
- A Dirección Xeral
- A Secretaría Xeral
- Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
- Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
- Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
- Dirección Técnica de Fomento
- As xefaturas territoriais
- As áreas provinciais
- Xestur
-
O IGVS
- Benvida
- Competencias
-
Estrutura Orgánica
- Visión da estrutura orgánica
- A Dirección Xeral
- A Secretaría Xeral
- Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
- Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
- Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
- Dirección Técnica de Fomento
- As xefaturas territoriais
- As áreas provinciais
- Xestur
- Lexislación
- Atención ao público
- Transparencia e goberno aberto
- Actualidade
O IGVS
A Secretaría Xeral
- Compartir
- A dirección inmediata do persoal do IGVS, sen prexuízo da súa dependencia funcional das persoas responsables de cada unidade.
- Xestionar as actividades de réxime interior, información, rexistro e arquivo.
- A realización e coordinación dos estudos e análises necesarios para elaborar os plans e programas en materia de vivenda e solo.
- A coordinación dos programas e as actuacións das diferentes direccións técnicas.
- Propoñer as accións relativas ao réxime interno dos servizos, a súa inspección e canto afecte o seu funcionamento interno.
- A coordinación da contratación do IGVS.
- A coordinación da regulación normativa propia do IGVS garantindo a coherencia e compatibilidade das diferentes disposicións.
- A coordinación na elaboración do anteproxecto de orzamentos do IGVS
- Xestionar os medios materiais propios ou adscritos ao funcionamento do IGVS.
- A dirección dos asuntos relativos ao apoio xurídico e informatización do IGVS.
- Impulsar, orientar e coordinar os servizos e unidades do IGVS e ditar as ordes, instrucións e circulares de funcionamento e comunicación entre as diferentes dependencias do organismo.
- Coordinar os traballos e actividades que realicen os distintos órganos en materias que garden relación cos fins do IGVS e coñecer e supervisar as propostas de disposicións e procedementos de xestión de cada unidade.
- Exercer calquera outra función que se lle asigne legal ou regulamentariamente ou lle delegue ou encomende a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS ou o Consello Reitor do IGVS.
O/A secretario/a xeral asumirá, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, as funcións ordinarias de despacho e sinatura nos asuntos de mero trámite e nos que, con carácter ordinario, lle sexan delegados.
Dependerá organicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de Subdirección Xeral, a Asesoría Xurídica do IGVS, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.
Unidades da Secretaría Xeral
Servizo de Xestión de Recursos Humanos e de Réxime Interior
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- Xestión, coordinación e control do persoal funcionario e laboral, das nóminas e das cotizacións, así como, de ser o caso, a xestión do plan de incentivos e a administración do plan de formación.
- Programación das necesidades de persoal do IGVS.
- A tramitación dos expedientes administrativos relativos ao persoal funcionario e laboral.
- O estudo, tramitación e elaboración das propostas de resolución de reclamacións previas á vía laboral e recursos, así como a execución de sentenzas en materia de persoal funcionario e laboral do IGVS.
- Velar polo correcto funcionamento dos diferentes servizos.
- Organización e estruturación do rexistro e dos arquivos.
- Propostas de adquisición de bens correntes e subministracións para o IGVS.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
- As funcións inherentes á preparación, licitación e adxudicación dos expedientes de contratación de competencia do IGVS.
- Coordinación, baixo a dirección da Secretaría Xeral, e seguimento da contratación do IGVS, servindo de apoio ao órgano de contratación.
- Tramitación dos expedientes de contratación, xestión e supervisión, en coordinación cos outros órganos do IGVS, da súa execución.
- Tramitación dos expedientes de modificacións e resolucións de contratos e, se é o caso, de incautación de garantías.
- Preparación e execución dos protocolos e convenios do IGVS, salvo naqueles casos en que estean expresamente atribuídos a outros órganos.
- Elaboración dos informes e das actuacións que sexan necesarias en relación cos órganos externos de control e seguimento respecto das actividades contractuais.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral en relación coas funcións en materia de contratación e convenios.
- Asistencia e apoio xurídico nas materias da competencia do IGVS.
- O estudo e informe e proposta de resolución das reclamacións e dos recursos interpostos contra actos do IGVS cando non estean atribuídos a outros órganos.
- Elaborar informes e ditames, estudar as propostas de resolución que sexan elaboradas polas distintas unidades do IGVS, así como, en xeral, o apoio xurídico á Secretaría Xeral, sen prexuízo das funcións propias da Asesoría Xurídica do IGVS.
- Xestionar as relacións administrativas cos xulgados e tribunais, así como coordinar o cumprimento das sentenzas ditadas por estes, cando non estean atribuídas a outros órganos do IGVS.
- Iniciación, instrución e tramitación dos expedientes de responsabilidade patrimonial.
- Tramitar os requirimentos e peticións formuladas polo Defensor do Pobo, O Valedor do Pobo e outros órganos e institucións.
- Analizar e tramitar os proxectos de disposicións xerais do IGVS, así como a elabora- ción de compilacións e refundicións das normas de interese para o IGVS.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- A tramitación dos expedientes do IGVS que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e ás súas comisións, así como o traslado dos correspondentes acordos.
- A coordinación das publicacións nos diarios oficiais.
- Coordinar e xestionar a información e o seguimento dos diferentes plans e programas de iniciativa doutros departamentos da Xunta de Galicia ou do Estado nos cales participa o IGVS.
- Informar sobre o Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida, o de promotores/as de vivenda, así como sobre calquera outro que se cree en materia de vivenda dentro das competencias do IGVS.
- Elaborar informes e estatísticas relativas aos datos contidos nos rexistros en materia de vivenda.
- Xestionar e coordinar a información e atención á cidadanía nas materias da competencia do IGVS referida aos diferentes programas e actuacións que desenvolva o IGVS.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.