A XUNTA INVESTIRÁ MÁIS DE 613.000 EUROS NA REHABILITACIÓN DE DOUS NOVOS EDIFICIOS NO BARRIO DA TINERÍA (LUGO)
31/08/2010
- Compartir
§ Na Praciña da Universidade número 3 obteranse catro vivendas e dous locais comerciais
§ No número catro da Praciña da Universidade sairán dúas vivendas
Santiago, 31 de agosto de 2010.- A Xunta de Galicia, a través de Xestur Lugo investirá 613.455.95 euros na rehabilitación dos inmobles situados nos números 3 e 4 da Praciña da Universidade, no barrio lucense de A Tinería, segundo o anuncio de convocatoria do procedemento para a adxudicación do contrato de ambas obras, publicado hoxe.
No inmoble emprazado no número 3 da Praciña da Universidade resultarán, unha vez executada a rehabilitación, catro vivendas e dous locais comerciais, cunha superficie útil total de máis de 405 metros cadrados.
As vivendas, que serán de un dormitorio, disporán de entre 47 e 54 metros cadrados de superficie útil, máis o correspondente trasteiro. Os locais comerciais serán de 47 e 51 metros cadrados.
O orzamento de licitación é de 358.492,56 euros e o prazo de execución das obras de 15 meses como máximo.
Polo que respecta ao edificio situado no número catro da mesma praza, obteranse dúas vivendas de un e dous dormitorios, con 69 e 79 metros cadrados de superficie útil respectivamente.
Neste caso o prazo de execución é de doce meses e o importe da licitación de 254.963,39 euros.
As ofertas presentaranse nas oficinas de Xestur Lugo antes das 14 horas do 21 de setembro.
Organización:
Área: Axudas ; Rehabilitación ; Vivenda