Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou 3 inmobles rehabilitados en Betanzos

A Xunta entrega 3 vivendas públicas en alugueiro accesible no centro histórico de Betanzos

Escoitar

Os novos fogares foron rehabilitados ao abeiro do Programa Rexurbe e sorteados entre os demandantes de vivenda pública, un deles menor de 36 anos

Allegue anuncia que a comezos de 2026 está prevista a entrega de 2 vivendas públicas máis en rehabilitación nas rúas Alfolí e Pinche 

Avanza que o Consello da Xunta leva para a aprobación este luns o proxecto de trazado para a mellora da seguridade e accesibilidade peonil na estrada AC-542 en Infesta

29/11/2025
  • Compartir

Betanzos (A Coruña), 29 de novembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, entregou hoxe as chaves de tres novas vivendas públicas en alugueiro accesible, rehabilitadas ao abeiro do programa Rexurbe, situadas no centro histórico de Betanzos.

As tres vivendas entregadas hoxe sitúanse na rúa Venela dos Clérigos e na rúa Cerca, en edificios con preto de cen anos de historia e situados en zonas de especial relevancia patrimonial. Un dos adxudicatarios é menor de 36 anos e o seu novo fogar permitiulle emanciparse. “Son inmobles que merecían unha segunda oportunidade e que, grazas ao programa Rexurbe, converteranse no fogar de novas familias, mantendo viva a identidade arquitectónica e histórica de Betanzos”, sinalou Allegue.

A conselleira avanzou que a comezos de 2026 está prevista a entrega de dúas vivendas públicas máis que están en rehabilitación nas rúas Alfolí e Pinche, xa en fase final de obra. Neste marco, reafirmou o compromiso do Goberno galego de duplicar o parque público de vivenda, e sinalou que ás 3.000 vivendas en marcha xa, en diferentes fases de execución, sumaranse 1.000 fogares máis en 2026, ata acadar as 4.000 vivendas comprometidas na lexislatura.

Máis investimento en vivenda en 2026

A Xunta destinará no ano 2026 350 millóns de euros a políticas de vivenda, dos que 163 millóns se investirán en novos fogares. A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas puxo tamén o acento en que que o vindeiro ano se incrementará ata os 4,8 M€ a dotación das axudas para a compra de vivenda en áreas históricas. En Betanzos, pola súa condición de zona Rexurbe declarada, poderanse recibir ata 15.000 euros por vivenda. A través desta liña, desde 2022, 12 persoas acadaron achegas, sumando un importe total superior aos 125.000 euros.

Tamén se duplicará o orzamento das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) supramunicipais da Ribeira Sacra e do Camiño de Santiago, que contarán con 2 M€ para facilitar a renovación de vivendas en parroquias como Requián e Tiobre, no caso do Concello de Betanzos, zonas polas que transcorre a vía Xacobea. Ademais, a ARI de Betanzos conta cun convenio en execución por máis de medio millón de euros, tamén destinados á rehabilitación de fogares.

Actuacións na estrada AC-542

Allegue avanzou que o Consello da Xunta leva para a probación este luns o proxecto de trazado para a mellora da seguridade e accesibilidade viaria e peonil na estrada AC-542 ao seu paso por Infesta. “Un trazado que é froito da escoita e do diálogo tanto co Concello coma coa veciñanza e entidades como Stop Accidentes”, engadiu.

A conselleira destacou que as obras licitarán no 2026 e suporán un orzamento de máis de 1,4M€. O proxecto incorpora as propostas do proxecto piloto elaborado por Stop Accidentes na contorna do centro Pai Menni, no marco da colaboración coa Xunta, e contempla actuacións como a habilitación dun carril central de xiro á esquerda para o acceso desde a AC-542 á N-VI en dirección á Coruña ou a configuración de prazas de aparcamento.

Por último, a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas sinalou que o obxectivo deste trazado é impulsar novas medidas en defensa da seguridade e da accesibilidade no treito inicial de 2,4 km da vía, cun itinerario peonil continuo e mellorando a visibilidade nos distintos accesos.

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal