Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

Belén do Campo avanza que os orzamentos da Xunta para 2026 destinan preto de 14,8 millóns para o desenvolvemento de vivenda pública e protexida na cidade da Coruña

Escoitar

A delegada da Xunta lembrou que na urbe herculina a Xunta ten en marcha 210 fogares públicos, resultado da construción dos 104 pisos de Xuxán, de 99 vivendas máis previstas na cidade e da rehabilitación dos dous inmobles do programa Rexurbe.

A Xunta reserva 1.340.000 euros para avanza no Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para desenvolver o ámbito de Monte Mero

19/10/2025
  • Compartir

A Coruña, 19 de outubro de 2025

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, visitou hoxe o novo edificio que o Goberno galego está a construír no barrio de Xuxán, na cidade da Coruña, onde anunciou que o Executivo autonómico reservará case 14,8 millóns de euros para o desenvolvemento de vivenda pública e protexida na cidade herculina nos orzamentos para o ano 2026.

Durante a visita, Belén do Campo subliñou que a Xunta continuará avanzando na construción das 104 vivendas que xa están en marcha en Xuxán, nas que o Goberno galego leva investidos 23,4 millóns de euros. O novo inmoble visitado pola delegada contará con 40 vivendas, na que se aplican técnicas industrializadas respectando os estándares máis esixentes, distribuídas en cinco plantas, que se adxudicarán en réxime de alugueiro accesible, reservándose polo menos un 40% para menores de 36 anos. A Xunta de Galicia inviste nesta actuación 7,7 millóns de euros. As vivendas destinaranse ás persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia. Este inmoble se completa con outros dous novos edificios, un con 50 vivendas e outro con 14, previstos tamén neste mesmo barrio, xa en execución.

A partida orzamentaria prevista permitirá tamén seguir avanzando noutros proxectos de promoción pública, entre eles a construción de 30 vivendas en dúas parcelas da rúa Pedro Fernández, 58 vivendas na parcela dos Rosais e 11 vivendas nunha parcela situada na rúa Rei Abdullah, preto da praza Porticada. O investimento autonómico estimado nestas 99 vivendas públicas ascende a preto de 19 millóns de euros.

Belén do Campo lembrou que, no conxunto da cidade da Coruña, a Xunta ten en marcha 210 fogares públicos, resultado da construción dos 104 pisos de Xuxán, das 99 vivendas no Rosais, Rei Abdullah e Pedro Fernández e a rehabilitación dos dous inmobles do programa Rexurbe.

Monte Mero

A delegada explicou tamén que, dentro da Estratexia Galega de Solo Residencial, o Goberno galego se prevé desenvolver o ámbito de Monte Mero, onde se proxecta a construción de 4.310 vivendas, das cales o 80% serán protexidas. O Proxecto de Interese Autonómico (PIA) correspondente a esta actuación xa se atopa en fase de redacción e conta cunha dotación orzamentaria de 1.340.000 euros nos orzamentos de 2026 para seguir avanzando.

Neste senso, Belén do Campo destacou que a Xunta continúa traballando para duplicar o parque público de vivenda durante esta lexislatura, cun obxectivo claro: acadar 4.000 novas vivendas públicas en 2028. Actualmente, 3.000  xa se atopan en diferentes fases de execución, o que reflicte o compromiso firme do Goberno galego coa promoción de vivenda accesible e coa garantía dun acceso digno á vivenda para a cidadanía.

Neste senso, recalcou que “estas contas dan un novo pulo á vivenda comprometida a principios de lexislatura”.

Orzamentos 2026

Belén do Campo lembrou que a Xunta vén de aprobar uns orzamentos que superan por primeira vez na historia a barreira dos 14.000 M€. En concreto son 14.240 millóns, un 2 % máis que no ano 2025, sendo unha das primeiras comunidades autónomas en aprobar as súas contas coa previsión de entrar en vigor o 1 de xaneiro.

Son unhas contas novas para un novo escenario. A Xunta fixo un gran esforzo financeiro para suplir o remate progresivo dos fondos MRR. O orzamento non só non baixa senón que segue crecendo.

Área: Rehabilitación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal