Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou estas obras nun edificio na praza García Boente, que estarán rematadas en pouco máis dun ano

A Xunta comeza a rehabilitación dun inmoble no casco vello de Ribadavia para acadar 5 vivendas de promoción pública, cun investimento autonómico de 1,8M€

Escoitar

Allegue sinalou que esta intervención se executa ao abeiro do programa Rexurbe da Xunta, co que se recuperan inmobles en estado de abandono ou semiabandono en centros históricos para logo ofrecelos en alugueiro accesible

Salientou que este edificio ten parte dos seus muros sobre a muralla medieval, polo que está a desenvolverse unha proposta arquitectónica que respecta esta singularidade

A Xunta destinou dende 2019 preto de 5M€ ás áreas de rehabilitación declaradas neste conccello para a renovación de vivendas particulares e actuacións de rexeneración urbana

Detallou que 6 mozos xa mercaron a súa primeira vivenda neste municipio grazas á liña de axudas dirixida a menores de 36 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes

16/10/2025
  • Compartir

Ribadavia (Ourense), 16 de outubro de 2025

A Xunta comeza a rehabilitación dun inmoble no Casco Vello de Ribadavia, que supón un investimento autonómico de 1,8M€ e acadará 5 vivendas de promoción pública. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe o inicio destas obras nun inmoble situado na praza García Boente, que en pouco máis dun ano estarán rematadas.

Puxo en valor o esforzo económico da Xunta, que xa licitara as obras en 2024 e ao quedar deserta, subiuse case un 60% o importe para que resultase máis atractiva para o sector.

Fixo fincapé en que esta intervención se executa ao abeiro do programa Rexurbe da Xunta, co que se recuperan inmobles en estado de abandono ou semiabandono en centros históricos para logo ofrecelos en alugueiro accesible.

Sinalou que as vivendas froito destas rehabilitacións se ofrecerán como alugueiros taxados ás persoas inscritas no Rexistro de demandantes.

Remarcou que este programa autonómico ten un dobre obxectivo: por unha parte, achegar ás familias vivendas dignas e a prezo accesible; e por outra parte, revitalizar zonas históricas.

Salientou que este edificio de Ribadavia ten parte dos seus muros sobre a muralla medieval do século XII. Neste sentido, trátase está a desenvolverse unha proposta arquitectónica que respecta a  singularidade deste inmoble.

Puxo o acento en “conservar as pegadas da historia en Ribadavia, que foi declarado BIC no ano 1947 ; e área de rehabilitación no ano 1999”. Engadiu que tamén hai outra área de rehabilitación integral declarada en San Cristovo en 2008.

Lembrou que o Goberno galego destinou dende 2019 preto de 5M€ de orzamento a ambas áreas para renovación de vivendas particulares e actuacións de rexeneración urbana.

Ademais, por outra parte, no concello de Ribadavia un total de 6 mozos xa mercaron a súa primeira vivenda gracias á liña de axudas da Xunta destinada a menores de 36 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes.

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal