Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto coa delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo un encontro con beneficiarios das achegas á adquisición na Coruña

A Xunta concedeu xa 357 axudas para facilitar a adquisición de vivenda, por un importe de 3,3M€

Escoitar

A conselleira salienta a boa acollida desta axuda, que a 4 meses de que se remate a convocatoria, xa case esgotou crédito que ascende a 3,8 M€

A titular de Vivenda e Infraestruturas puxo en valor que A Coruña é a cidade onde máis concesións se fixeron da liña para compra de vivenda protexida con 78 adxudicacións, de 80 en toda Galicia, ás que se suman 4 máis da modalidade de fogares en centros históricos na cidade herculina, sumando un total de preto de 1M€

Detallou que con estas achegas 236 mozos menores de 36 anos tamén acadaron axudas á compra en concellos de menos de 10.000 habitantes, sumando un importe de 1,85M€, e 41 persoas, sumando un investimento de máis de 420.000€, beneficiáronse da modalidade de adquisición en centros históricos

07/06/2025
  • Compartir

A Coruña, 7 de xuño de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto coa delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo un encontro na Coruña con beneficiarios das axudas á adquisición de vivenda na cidade. A urbe galega foi onde máis peticións desta liña se solicitaron ata o de agora, con 78 concesións, de 80 en toda Galicia, ás que se suman 4 da modalidade de fogares en centros históricos na cidade, por un total de preto de 1M€. A conselleira animou a solicitar estas axudas antes de que remate o prazo de presentación o 15 de outubro, que contan cun orzamento de 3,8M€.

A titular de Vivenda e Infraestruturas subliñou que o orzamento destas axudas se incrementou este 2025 en 400.000€ con respecto á convocatoria de 2024, un aumento que se dirixe integramente á liña para menores de 36 anos para comprar vivenda situada en concellos de menos de 10.000 habitantes, sumando un importe de 1,85M€. En relación a estas axudas, a contía máxima da achega pode acadar ata 10.800€ por vivenda.

Por outra parte, a segunda modalidade de axudas relativa á adquisición de vivenda  en cascos históricos, de fondos propios da Xunta, con axudas de ata 12.800€ por vivenda para menores de 36 anos e, ata 15.000€, independentemente da idade, se está nunha Área Rexurbe, foi concedida a 41 persoas, sumando un investimento de máis de 420.000€.

Finalmente, a terceira liña de subvencións para compra de vivenda protexida, de fondos propios da Xunta, suma 80 concesións, cun importe de case 950.000€, en axudas que, no caso de vivendas situadas nas cidades da Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ferrol, son de ata 20.000€ para os menores de 36 anos, e ata 16.000€ para o resto dos compradores.

430 vivendas adquiridas en 2024 en 130 concellos

A titular de Vivenda remarcou que o obxectivo desta axudas é facilitar aos galegos e galegas, a oportunidade da mercar un fogar. Subliñou que se adquiriron 430 vivendas distribuídas en 130 concellos que tiveron o apoio destas achegas o ano pasado.

Salientou que destas vivendas, 341 foron en municipios de menos de 10.000 habitantes, o que permite revitalizar concellos pequenos; 60 en centros históricos; e 25 de protección autonómica.

Allegue animou ás persoas interesadas a presentar as súas solicitudes para poder optar a beneficiarse destes incentivos para mercar os seus fogares, antes de que se termine o crédito.

 

Área: Axudas ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal