A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión co alcalde de Nigrán
27/03/2025
- Compartir
Vigo, 27 de marzo de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este mediodía na delegación territorial da Xunta en Vigo unha reunión de traballo co alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez.
M. Allegue cualificou este encontro de "cordial", e permitiu abordar posibles actuacións en materia de vivenda e infraestruturas neste municipio pontevedrés.
A conselleira e o rexedor coincidiron na importancia da colaboración entre administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e a reforzar a competitividade do municipio.
Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova