Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O delegado da Xunta en Ourense supervisa as obras de rehabilitación dun edificio de vivendas públicas no Carballiño nas que o Goberno galego inviste preto de 80.000 €

Escoitar

Manuel Pardo destacou que esta liña de axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que contan cun orzamento dun millón de euros, están dirixidas ás comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades dos edificios de vivendas

O delegado territorial sinalou que a intensidade das axudas que se tramitan polo procedemento de concorrencia competitiva, será do importe correspondente ao 60 % do orzamento subvencionable e ata un importe máximo que resulte de multiplicar o número de vivendas existentes no edificio por 6.000 euros

09/01/2025
  • Compartir

Ourense, 09 de xaneiro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde, Francisco José Fumega, supervisou as obras de rehabilitación dun edificio de vivendas públicas no Carballiño, nas que a Xunta inviste preto de 80.000 euros.

O delegado territorial destacou que esta liña de axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas contan cun orzamento dun millón de euros e están dirixidas ás comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades dos edificios de vivendas.

Manuel Pardo lembrou que as actuacións subvencionables abranguen desde intervencións de adecuación das condicións de seguridade do edificio, ata obras que proporcionen melloras nos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade ou telefonía, supresión de barreiras arquitectónicas, ou traballos de adecuación das condicións de habitabilidade como actuacións de illamento térmico e acústico da envolvente e melloras na instalación de calefacción.

O representante do Goberno galego, sinalou que a intensidade das axudas que se tramitan polo procedemento de concorrencia competitiva, será do importe correspondente ao 60 % do orzamento subvencionable e ata un importe máximo que resulte de multiplicar o número de vivendas existentes no edificio por 6.000 euros.

As obras

As obras levadas a cabo no edificio, que consta de 64 vivendas e que teñen un prazo de execución de 2 meses, consisten na reparación do revestimento dos patios interiores e dos paramentos do garaxe, mediante a súa limpeza e aplicación dunha pintura impermeable. Estes traballos entrarían como actuacións de habitabilidade que proporcionan ao edificio estanquidade fronte á choiva e a humidade. Por outra parte, engádense obras de pintado dos teitos, dos garaxes e das varandas exteriores.

Reunión co alcalde

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, aproveitou a súa estadía no concello para manter un encontro co alcalde Francisco José Fumega e coñecer de primeira man as necesidades do municipio.

Manuel Pardo trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello”.

Área: Axudas ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal