Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta concedeu axudas por 1,5M€ para rehabilitación de vivendas de titularidade municipal destinadas a alugueiro social

Escoitar

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou hoxe no acto de formalización da entrega de seis vivendas no concello da Peroxa, rehabilitadas para alugueiro social

Trátase de tres antigas vivendas de mestres situadas no núcleo da Peroxa, que suman cinco pisos, e a outra vivenda é unha antiga escola de Vilarrubín, para cuxa rehabilitación a Xunta aportou en total máis de 231.000€

A Xunta investiu preto de 10M€ nas axudas para rehabilitación de inmobles de titularidade municipal, que permitiron recuperar 352 vivendas, das que 200 foron froito da rehabilitación de inmobles municipais en desuso e as 152 restantes eran vivendas en contornas rurais cuxo estado de conservación facía necesaria unha intervención para garantir a súa habitabilidade

26/07/2024
  • Compartir

A Peroxa (Ourense), 26 de xullo de 2024

A Xunta concedeu axudas por 1,5M€ á rehabilitación de vivendas de titularidade municipal para destinalas a alugueiro social, actuacións que se enmarcan na bianualidade 2024-2025. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou esta mañá no Concello da Peroxa, en Ourense, no acto de entrega de seis vivendas adxudicadas en alugueiro social que foran recuperadas con estas achegas da Xunta. No acto tamén estivo o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Estas seis vivendas sitúanse en catro inmobles nos núcleos da Peroxa e Vilarrubín que antigamente eran casas de mestres (unha delas tamén foi sede de Cruz Vermella) e foron rehabilitados polo Concello coa colaboración da Xunta, que aportou máis de 231.000€. As vivendas contan entre 1 e 3 dormitorios e os seus beneficiarios son persoas e unidades familiares que carecían de vivenda en propiedade e aboarán entre 150 e 250€ por estes alugueiros.

As axudas á rehabilitación de vivendas de titularidade municipal que promove a Xunta teñen como obxectivo seguir incrementando o parque residencial á disposición dos colectivos máis vulnerables con alugueiros a prezos accesibles e inclúen dous programas. O primeiro consiste en axudas a concellos de menos de 20.000 habitantes para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal que xa non están en uso, como poden ser as antigas casas dos mestres, e destinalas a alugueiro social.  A Xunta subvenciona ata o 95% do custo da actuación con incentivos que van dos 50.000€ aos 57.000€, dependendo de se se trata dun conxunto histórico, se atopa no Camiño de Santiago ou nunha Área Rexurbe.

O segundo programa é o de infravivenda, dirixido a municipios de menos de 10.000 habitantes, onde as achegas poden tamén cubrir ata o 95% das obras (cun límite de 15.000€) destinadas a rehabilitar elementos exteriores, mellorar as condicións estruturais, a seguridade ou a accesibilidade dos inmobles ou garantir a habitabilidade.

A Administración autonómica destinou preto de 10M€ a apoiar a máis dun cento de concellos galegos na recuperación de 352 vivendas, das que 200 foron froito da rehabilitación de inmobles municipais que estaban en desuso, e as 152 restantes eran vivendas localizadas en contornas rurais, cuxo estado de conservación facía necesaria unha intervención, parcial ou total, para garantir a súa habitabilidade.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal