Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos Europeos
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

Rueda anuncia que a Xunta convocará este mes o novo bono alugueiro mocidade, que prevé beneficiar a preto de 3.800 mozos durante dous anos

Escoitar
altavoz readspeaker

Salienta que o obxectivo é facilitar á poboación menor de 36 anos o pago da renda da súa vivenda habitual cunha axuda de 250 euros ao mes

Explica que ademais de ter entre 18 e 35 anos no momento de pedir a axuda, os solicitantes deberán dispoñer dunha fonte regular de ingresos, acreditar que estes non superan 3 veces o Iprem e certificar que a vivenda en cuestión é a súa residencia habitual

O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o 31 de outubro de 2022 ou no momento de esgotamento do crédito orzamentario
 

23/06/2022
  • Compartir

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a aprobación por parte do Consello da Xunta do acordo polo que se autoriza a convocatoria do Bono alugueiro mocidade, unha nova axuda, que, cun orzamento de preto de 23 millóns de euros, prevé beneficiar a preto de 3.800 mozos galegos. “Busca que a xente moza poida ter máis facilidades para acceder en réxime de alugueiro a unha vivenda”, abundou.

 

Nese sentido, explicou que o obxectivo deste programa novidoso é facilitar á poboación menor de 36 anos o pago da renda da súa vivenda habitual cunha axuda de 250 euros ao mes, sempre e cando esta contía non supere o importe que abonan en concepto de arrendamento. A subvención concederáselles por un período de dous anos, coa posibilidade de recoñecer o dereito á axuda desde o 1 de xaneiro de 2022 ou desde a data de sinatura do contrato, sempre que esta sexa posterior.

 

Para poder acceder a estes incentivos, ademais de ter entre 18 e 35 anos no momento de pedir a axuda, os solicitantes deberán dispoñer dunha fonte regular de ingresos, acreditar que estes non superan 3 veces o Iprem (24.318,84 euros) e certificar que a vivenda en cuestión é a súa residencia habitual, entre outros requisitos.

 

En canto ao importe da renda de alugueiro, non poderá superar os 600 euros ¾300 se se trata dunha habitación¾, no caso das cidades. No caso dos municipios das contornas da cidades, esas contías máximas oscilarán entre os 450 e 500 euros no caso das vivendas, e entre os 225 e os 250 euros nas habitacións. No resto dos concellos, a renda de alugueiro das vivendas non poderá exceder os 400 euros e os 200 nas habitacións.

 

A convocatoria sairá publicada cunha dotación de 22,8 millóns de euros a repartir entre as anualidades 2022 e 2023. Neste sentido, cómpre indicar que a finais de maio o IGVS recibiu a metade dos fondos estatais reservados a esta liña de incentivos para 2022 —5,7 dos 11,4 millóns de euros comprometidos—, de xeito que o Goberno galego xa está en disposición de convocar estas subvencións nos vindeiros días.

 

De feito, o prazo de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e pecharase o 31 de outubro de 2022 ou no momento de esgotamento do crédito orzamentario.

 

Ademais, o Bono alugueiro mocidade será incompatible con calquera outra axuda que poida conceder o Goberno galego, as entidades locais ou calquera outra administración ou entidade pública para o pagamento de alugueiro. Esta incompatibilidade non afecta ás axudas excepcionais a persoas especialmente vulnerables, ás perceptoras de prestacións non contributivas da Seguridade Social e ás persoas beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital. Nestes casos a suma de todas as axudas non poderá superar o importe da renda.

 

A maiores, cómpre lembrar que o Goberno central anunciou a axuda no seu día como unha liña de carácter practicamente universal que permitiría aos mozos que viven en alugueiro acceder á mesma, pero a dotación económica destinada a Galicia só permitirá conceder ao redor de 3.800 axudas.

 

Unha trintena de axudas e programas en materia de vivenda

Tanto os 7 programas que se enmarcan no Plan para o acceso á vivenda 2022-2025, aprobado no Consello da Xunta celebrado a pasada semana, como o novo Bono alugueiro mocidade virán completar o amplo abano de axudas, incentivos e liñas de financiamento que a Xunta porá á disposición de particulares, comunidades de veciños, concellos e promotores en 2022 grazas a fondos propios da Comunidade e tamén ao diñeiro procedente da UE a través do programa Next Generation.

 

De feito, este ano está previsto que o Goberno galego xestione ao redor dunha trintena de programas cun orzamento global de case 180 millóns de euros para apoiar diferentes tipos de intervencións no eido residencial así como outras actuacións directas do IGVS —máis alá dos investimentos en marcha para construír novas vivendas de promoción pública—, que teñan como fin incrementar o actual parque público residencial.


AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidad
  • Publicaciones técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Suelo empresarial en Galicia - Xestur Suelo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal