Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos Europeos
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira en funcións de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o director xeral do IGVS estiveron hoxe en Cabana de Bergantiños no marco do foro #ConstruíndoFogar

A Xunta convocará este mes as axudas para mozos menores de 35 anos que compren a súa primeira vivenda nun concello de menos de 10.000 habitantes

Escoitar
altavoz readspeaker

Estes incentivos, que poden chegar aos 10.800 euros por inmoble, serán de aplicación en 257 municipios galegos, 14 deles pertencentes á área da Costa da Morte

Ángeles Vázquez anima a aproveitar ao máximo a “grande oportunidade” que suporá a trintena de programas previstos este ano para actuacións en materia residencial

Subliña que os particulares con inmobles en Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía, municipios incluídos na ARI dos Camiños de Santiago, teñen ata o 30 de setembro para solicitar axudas de como máximo 25.000 euros para rehabilitar as súas propiedades

02/05/2022
  • Compartir

Cabana de Bergantiños (A Coruña), 2 de maio de 2022 A Xunta de Galicia convocará este mes de maio as axudas dirixidas a menores de 35 anos para a adquisición de vivendas en municipios de menos de 10.000 habitantes. Cun orzamento de, como mínimo, 1,5 millóns de euros, este novo programa permitirá que os mozos galegos poidan acceder a subvencións de ata 10.800 euros para mercar a súa primeira vivenda habitual.

 

Así o anunciou hoxe en Cabana de Bergantiños a conselleira en funcións de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no marco dun dos encontros informativos #ConstruíndoFogar organizados polo seu departamento e cos que seguirá percorrendo diferentes comarcas galegas para dar a coñecer entre os seus potenciais beneficiarios o conxunto de subvencións en materia de vivenda que se convocarán ao longo de 2022.

 

Acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e máis de 130 representantes municipais, empresarios, profesionais de distintas ramas do sector e veciños dos 16 concellos que integran a área de Costa da Morte, Ángeles Vázquez subliñou a grande oportunidade que suporá para Galicia a trintena de programas que xestionará a Consellería este ano, poñendo á disposición de particulares, entidades locais e promotores máis de 150 millóns de euros para actuar no eido residencial.

 

Por iso, a responsable autonómica aproveitou a súa intervención para animar aos asistentes a aproveitar estes fondos e apoiar tamén á Xunta na súa difusión, co fin de garantir que cheguen ao maior número posible de beneficiarios nesta comarca.

 

No caso concreto das axudas a persoas mozas para contribuír ao reto demográfico, explicou que resultan de especial interese para Galicia, unha comunidade na que, subliñou, 257 dos seus 313 concellos teñen menos de 10.000 veciños e onde, polo tanto, os menores de 35 anos poderán beneficiarse deste tipo de incentivos á hora de comprar a súa vivenda.

 

Tamén na Costa da Morte resultarán moi atractivas estas axudas entre os mozos que estean pensando en emanciparse. De feito, 14 dos 16 municipios que integran esta área — Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Vimianzo, Zas e Cerceda— cumpren co requisito de poboación esixido para poder beneficiarse do programa.

 

Neste sentido, cómpre lembrar que ao abeiro da convocatoria de 2021 das axudas para a adquisición de vivenda dirixidas a mozos, limitada neste caso a concellos de menos de 5.000 habitantes, houbo un total de 9 beneficiarios na Costa da Morte: tres que compraron a súa vivenda habitual en Fisterra; outros tres que o fixeron en Corcubión; dous máis en Muxía; e un no municipio de Laxe.

 

Concellos da área incluídos na ARI dos Camiños

Durante a súa intervención no foro, a conselleira en funcións animou aos asistentes a informarse sobre o amplo abano de incentivos no eido da vivenda ao que poderán optar en 2022 e contribuír deste xeito a dinamizar o mercado residencial desta área coruñesa.

 

Pola súa parte, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, fixo unha presentación detallada dos diferentes programas que xestionará este organismo, incidindo especialmente nos requisitos de acceso, os colectivos aos que van dirixidos, as contías e os prazos de presentación, no caso dos que xa foron publicados.

 

Así, no eido da rehabilitación e da mellora do patrimonio xa construído, a Xunta segue apostando por programas consolidados xa en Galicia e que teñen como fin tamén contribuír á recuperación de inmobles de uso residencial.

 

En concreto, Ángeles Vázquez referiuse á convocatoria das axudas para actuacións dentro da Área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, que permanecerá aberta aínda ata o 30 de setembro e resulta de especial interese para a Costa da Morte, onde hai cinco municipios localizados dentro desta ARI.

 

Deste xeito, subliñou que os particulares que teñan inmobles en Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra ou Muxía poderán optar a unha axuda de ata 25.000 euros para acometer obras de rehabilitación sobre eles, unhas subvencións coas que, lembrou, tamén se mellora a imaxe que reciben os peregrinos ao seu paso por estas zonas.

 

Así mesmo, durante o encontro tamén se informou aos asistentes de que xa está dispoñible en formato dixital a guía informativa elaborada pola Xunta sobre os programas de axudas para rehabilitación enerxética no eido residencial, un documento que se pode descargar desde a páxina web do IGVS.

 

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidad
  • Publicaciones técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Suelo empresarial en Galicia - Xestur Suelo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal