A XUNTA AVANZA NA URBANIZACIÓN DA CONTORNA DO PAZO DE DONA URRACA TRAS ACEPTAR O CONCELLO A MODIFICACIÓN DO PLAN ESPECIAL
- Compartir
• O Instituto Galego de Vivenda e Solo vén de recibir a comunicaicón por parte do Concelo de Lugo, no que traslada o seu visto á proposta da Xunta de crear unha gran praza pública entre a muralla romana e o Pazo de Dona Urraca, convertendo ao Pazo no protagonistas deste espazo
• A participación do Concello será compensada coa cesión de parte da edificabilidade en baixos comerciais nesta zona da Tinería
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2020.- A Xunta de Galicia da hoxe un paso adiante cara a ordenación da Unidade de Intervención UI-8 da Tinería, as inmediacións do Pazo de Dona Urraca, no barrio da Tinería; unha vez que o Concello de Lugo comunicou a súa aceptación da modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) proposto polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
O obxectivo é mellorar de forma substancial o ordenamento previsto para a zona, coa incorporación de novos espazos á UI-8, que darán como resultado unha notable mellora dos espazos públicos resultantes da actuación. Nese sentido, o Instituto Galego da Vivenda e Solo propuxo ao concello de Lugo unha modificación do Pepri da UI-8 consistente na incorporación ao mesmo de novos espazos perimetrais que actualmente non están en dito ámbito, como por exemplo o propio Pazo de Dona Urraca.
O Concello tamén acepta colaborar co IGVS, que será o encargado de executar e financiar as obras, tanto de rehabilitación, ou nova construción das vivendas da contorna, como na urbanización dos espazos públicos resultantes. O Concello participará adquirindo os novos espazos/edificacións que se incorporarán á UI-8 (excepto o Pazo de Dona Urraca, que xa é propiedade do IGVS) e como compensación a administración local recibirá un 10 por cento da edificabilidade resultante.
Ao mesmo tempo, a proposta contempla a redución das novas edificacións inicialmente previstas, renunciando o IGVS á parte da edificabilidade do ámbito a favor de creación dun espazo público que dea valor a un entorno privilexiado, emprazado ao pé da muralla romana e ao que se abrirá o Pazo de Dona Urraca.
Unha vez comunicada a aceptación da proposta por parte do Concello de Lugo, o IGVS redactará unha modificación do Pepri conforme ao proposto e executará as obras unha vez o documento urbanístico sexa aprobado polo Concello.
A proposta do IGVS contempla unha gran praza pública entre o Pazo de Dona Urraca e a muralla romana, retirando cara atrás a liña das novas edificacións previstas, de maneira que o Pazo sexa o protagonista principal do espazo. As obras de urbanización da UI-8 acompasaranse coas de rehabilitación do Pazo de Dona Urraca, cuxo proxecto está na fase final de redacción.
Desta maneira, a Xunta de Galicia avanza nas actuacións de rehabilitación e reurbanización da Tinería a través do desenvolvemento dun espazo que se converterá nunha icona do barrio.