A presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia, Patricia Ulloa, pon en valor a experiencia da Xunta na xornada sobre ‘Expropiación forzosa e urbanismo’ en Toledo
- Compartir
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2024
A presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia, Patricia Ulloa, vén de participar en Toledo na xornada sobre ‘Expropiación forzosa e urbanismo”, na que se puxo en valor a experiencia da Xunta.
Neste encontro, organizado polo Xurado de Valoracións de Castela-A Mancha, con motivo do seu vixésimo aniversario, deuse cita persoal dos distintos Xurados de expropiación do territorio nacional, tanto das Administracións, estatal e autonómicas, como outros profesionais das distintas administracións, profesores universitarios vinculados a esta temática, entre outros.
Patricia Ulloa foi a encargada de moderar un taller práctico de valoracións de solos en situación de rural e en situación de urbanizados, cunha intervención na que fixo un relatorio da organización e da experiencia do Xurado de Galicia dende a súa creación no ano 2006, nos que se levan valorado neste organismo máis de 57.000 expedientes.
Deste xeito, o Xurado de Expropiación de Galicia estreitou lazos e intercambiou criterios de actuación con representantes dos Xurados de Valoración e Expropiación doutras Comunidades Autónomas, así como tamén cos representantes dos xurados provinciais pertencentes á administración xeral do Estado.