REHABILITACIÓN
Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (VI438A)
- Compartir
Trátase dun fondo dirixido a apoiar o financiamento das actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído que realicen os concellos de menos de 50.000 habitantes, por medio de préstamos sen xuros que serán reintegrados polos concellos nas condicións e prazos fixados na correspondente convocatoria.
Concellos destinatarios
Poderán acceder ao financiamento a través do Fondo de cooperación os concellos de menos de 50.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística a 1 de xaneiro de 2022.
Actuacións financiadas polo Fondo de cooperación
Con cargo ao Fondo de cooperación poderán financiarse, total ou parcialmente, as seguintes actuacións:
- As promovidas polos concellos no desenvolvemento das competencias que lles atribúe a Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia ou a lexislación urbanística, en relación cos deberes de conservación e rehabilitación.
- As de rehabilitación e rexeneración urbanas realizadas polo concello dentro das propias políticas municipais en materia de conservación e recuperación do patrimonio construído.
- A adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.
- A elaboración de plans especiais de protección.
As actuacións poden estar iniciadas con carácter previo á presentación da solicitude de acceso ao financiamento, sempre que estean en execución nesa data.
Procedemento de disposición de fondos
Os concellos que desexen acollerse a este mecanismo presentarán a correspondente solicitude que, de ser aprobada conforme ao procedemento previsto na convocatoria, se materializará na sinatura dun convenio de financiamento entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo con cargo ao Fondo de cooperación. No citado convenio constarán as actuacións a realizar, a contía a dispoñer, o prazo e condicións de reintegro e as demais condicións para o acceso ao fondo.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro de 2022.
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Ligazóns relacionados
- Resolución do 28 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Resolución do 1 de xuño de 2021 pola que se convoca, para a anualidade de 2021, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (código de procedemento VI438A)
- Acceso á sede electrónica da Xunta de Galicia.