- Inicio
- Áreas
- Vivenda
- Realoxos
-
Afectados por execucions hipotecarias
- Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia
- Afectados por execucions hipotecarias
- Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAMP
- Programa Reconduce
- Plan Rehabita
- Convenio coa Sareb
- Convenio co Valedor do Pobo
- Convenios de colaboración con Entidades Financeiras
- Bono de Aluguer Social
- Censo de Vivendas Baleiras
- Convenio co Consello da Avogacía Galega
- Vivendas Promoción Pública
Realoxos
Programa de realoxo de afectados por execucións hipotecarias
17/11/2008
- Compartir
Repartidas por toda Galicia o Instituto Galego da Vivenda e Solo dispón de vivendas de promoción pública vacantes que pode destinar a cubrir as necesidades inmediatas do colectivo de afectados polas execucións hipotecarias.
Criterios de adxudicación
As condicións de adxudicación das vivendas de promoción pública serán as seguintes:
- ingresos inferiores a 1 vez o IPREM (aproximadamente 7.455,14 euros, supoñendo un único membro da unidade familiar) Poderán acceder ás vivendas en réxime de ocupación temporal (sen custe de alugueiro) por un prazo inicial dun ano renovable como máximo ata dous anos, sempre que se manteñan as circunstancias que xustifican a súa adxudicación. Estableceranse revisións anuais.
- Familias con ingresos entre 1 e 2,5 veces o IPREM (aproximadamente entre 7.455,14 e 18.712,40 euros, supoñendo un único membro da unidade familiar).
- Accederán en réxime de aluguer mediante o pago das rendas establecidas no decreto 253/2007 do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. Estimación de renda mensual: de 80 a 150 euros.
-
En ambos casos os adxudicatarios deberán asumir os gastos de comunidade e os relativos a suministros á vivenda adxudicada.