Inicio

Xunta de Galicia
 
Destaques

Suspensión de prazos para a tramitación dos procedementos



Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19:

"Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicaranse a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo."

Nota explicativa relativa á presentación da xustificación das axudas dos programas do bono alugueiro social e do bono alugueiro para vítimas de violencia de xénero.

En virtude do establecido no punto sexto da Resolución do 21 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 21 de marzo de 2020. (Diario Oficial de Galicia, núm. 56, do domingo 22 de marzo de 2020), e de conformidade co Acordo do Consello da Xunta do día 27 de marzo, infórmase do seguinte:
As persoas beneficiarias das axudas dos Programas do Bono alugueiro social e do Bono alugueiro para vítimas de violencia de xénero non teñen que realizar ningún pago no mes de ABRIL ás persoas arrendadoras (propietarias das vivendas). A Xunta de Galicia pagará íntegramente o importe da renda de alugueiro durante o mes de abril e, en consecuencia, quedan eximidos da obriga de presentar o recibo correpondente ao citado mes.

Rexistro de Demandantes

Rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia

 

 

 

O Rexistro de Demandantes de vivenda pretende ser un procedemento áxil e transparente para a adxudicación das vivendas, respectando a capacidade de elección dos solicitantes e garantindo a igualdade de posibilidades no acceso ás vivendas ...

Sorteos de VPA e VPP

Resolucións dos sorteos de adxudicatarios de VPA e VPP

Consulta e coñece as resolucións dos sorteos de adxudicación de vivenda do Rexistro de Demandantes e da Vivenda Pública Protexida.

Solo empresarial en Galicia

A Xunta de Galicia, a través do IGVS e a empresa pública Xestur, ofrece solo empresarial con bonificacións de ata o 50 por cento do prezo. Ademais, existe a posibilidade de adxudicación en réxime de dereito de superficie, cun canon a partir de 38 céntimos por metro cadrado e ano.