• As sete parcelas están nos parques empresariais de Santiago, Sigüeiro, Ordes, Lugo e O
Pereiro de Aguiar
• Desde o ano 2015 a Xunta leva adxudicados preto de 1,3 millóns de metros cadrados de solo
empresarial
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018.- A Xunta de Galicia vén de
adxudicar máis de 22.500 metros cadrados de solo, nos parques empresariais de Santiago, Sigüeiro,
Ordes, Lugo e O Pereiro de Aguiar, por importe de 1,02 millóns de euros e bonificacións de máis de
850.000 euros.
A comisión executiva de Xestur Galicia adxudicou hoxe sete parcelas de solo empresarial
nestes parques empresariais, e na xuntanza tamén autorizou o cambio da parcela adxudicada
anteriormente a unha empresa, que se traslada a unha parcela de maior superficie.
No seguinte cadro recóllense as sete parcelas de nova adxudicación:
PARQUE EMPRESARIAL
|
NÚMERO DE PARCELAS
|
SUPERFICIE DA PARCELA m
2
|
PREZO PAGADO POLA EMPRESA €
|
BONIFICACIÓN €
|
A Sionlla (Santiago de Compostela)
|
1
|
1.200
|
129.300
|
55.440
|
Sigüeiro (Oroso)
|
1
|
3.279
|
160.671
|
68.859
|
Ordes
|
2
|
5.508
|
112.915
|
112.915
|
As Gándaras (Lugo)
|
2
|
11.650
|
578.747,50
|
578.747,50
|
O Pereiro de Aguiar (Ourense)
|
1
|
945
|
37.800
|
37.800
|
TOTAL
|
7
|
22.582
|
1.019.433,5
|
853.761,5
|
Dende 2015, en que se puxeron en vigor as bonificacións do 30 e 50 por cento sobre o prezo do
solo propiedade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, xestionado a través do Instituto
Galego de Vivenda e Xestur, adxudicáronse preto de 1,3 millóns de metros cadrados de
superficie.