Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA 67.800 METROS CADRADOS DE SOLO EMPRESARIAL CON BONIFICACIÓN DE MÁIS DE 2,6 MILLÓN DE EUROS

- Dende 2015 xa se adxudicaron máis de 1,1 millóns de metros cadrados con bonificación do 30 ou 50 por cento sobre o prezo de venda

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2018.- A Xunta de Galicia adxudicou 67.800 metros cadrados de solo, cunha bonificación que supera os 2,6 millóns de euros, en seis parques empresariais da súa propiedade. Con esta adxudicación xa son máis de 1,1 millóns de metros cadrados adxudicados con bonificación por parte da Xunta.

As parcelas adxudicadas hoxe por Xestur corresponden aos seguintes parques empresariais.

 

PARQUE

NÚMERO DE PARCELAS

SUPERFICIE ADXUDICADA m 2

IMPORTE A PAGAR descontada a bonificación €

IMPORTE DA BONIFICACIÓN €

Bértoa (Carballo)

15

44.050

1.565.819,63

1.538.894,81

As Gándaras (Lugo)

4

13.528

745.580

742.500

A Sionlla (Santiago)

2

4.384

469.105

200.911

Melide

1

3.253

136.626,01

58.554

Central de Transportes de San Cibrao das Viñas

1

1.494,80

51.600

51.586

Pereiro de Aguiar

1

1.091

43.650

43.630

TOTAL

24

67.800

3.012.380,64

2.626.993,84

 

Dende 2015 a Xunta aplica bonificacións do 30 ou 50 por cento sobre o prezo do solo empresarial da súa propiedade, téndose adxudicado dende entón máis de 1,1 millóns de metros cadrados.