Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O CONSELLO DA XUNTA ACORDA DESTINAR MÁIS 2,9 MILLÓNS DE EUROS A SUBVENCIONAR OS XUROS DOS PRÉSTAMOS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS RESIDENCIAIS

- O Consello da Xunta aprobou o gasto para a convocatoria de 2018, que supera nun 63 % ao da convocatoria de 2017
- O importe máximo do préstamo é de 30.000 euros para aqueles de carácter persoal e de 60.000 euros no caso de préstamos hipotecarios
- A subsidiación dos xuros poderá chegar ata o 100% durante un período de ata catro anos, segundo os ingresos dos beneficiarios e no caso das rendas máis altas danse facilidades para a concesión dos préstamos
- Trátase dunha medida pioneira articulada a través dos convenios asinados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda con Abanca, Caixabank, Caixa Rural Galega e Banco Sabadell
- Esta medida responde ao obxectivo da Xunta e fomentar as actuacións de renovación, reforma e rehabilitación de vivendas


Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017.- O Consello da Xunta autorizou hoxe o gasto de máis de 2,9 millóns de euros destinados á subsidiación dos xuros dos préstamos concedidos na convocatoria de 2018 das axudas financeiras para a rehabilitación de edificios e vivendas.

O orzamento previsto na convocatoria de 2018 supera en máis do 63 % ao correspondente á convocatoria de 2017, no que a dotación foi de 1,8 millóns de euros.

Este programa consiste no establecemento dunha liña de préstamos para financiar a execución de obras de rehabilitación de vivendas e edificios residenciais e está incluído no Plan RehaVIta 2015-2020: Plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble. No caso de actuacións promovidas por comunidades de propietarios poderán ser beneficiarias os que sexan membros da dita comunidade e en función da súa porcentaxe de participación nas obras

Estas axudas directas artellaranse a través dos convenios asinados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda con Abanca, Caixabank, Caixa Rural Galega e Banco Sabadell e consistirán na subsidiación dos xuros destes préstamos para as persoas que cumpran os requisitos previstos, cuia prorcentaxe dependerá do nivel de ingresos da unidade de convivencia do beneficiario.

Os créditos serán sen xuros para as familias con ingresos de ata 4 veces o IPREM,, por exemplo un fogar con 3 membros no que entren menos de 37.400 euros ao ano, e a intereses baixos para as de ingresos superiores.

 

INGRESOS

Subsidiación máxima

Duración máxima

Menor ou igual a 4 Iprem

100 % dos xuros

48 meses

Maior de 4 e menor de 5,5 Iprem

80 % dos xuros

36 meses

 

No caso de persoas con ingresos maiores de 5,5 veces o IPREM e que non superen as 6,5 veces, aínda que non terán bonificacións nos intereses, si disporán de facilidades na concesión do préstamo beneficiándose, por exemplo, da exención da comisión de apertura, entre outros.

O importe máximo do préstamo fíxase en 30.000 € para aqueles de carácter persoal e en 60.000 € no caso de préstamos hipotecarios.

O tipo de xuro poderá ser fixo ou variable, tal como se indica no cadro:

 

Garantía

Tipo fixo

Tipo variable

Inicial (24 meses)

Resto

Hipotecaria

1,90

1,75

Euribor a 1 ano + 1,25

Persoal

5,25

5,25

Euribor a 1 ano + 4

 

O prazo de amortización estará entre seis meses e quince anos, cun período de carencia inicial de ata dous anos como máximo.

No orzamento para cubrir o préstamo, ademais do custo das obras concretas que se van acometer, poderán incluírse os honorarios dos profesionais que interveñan no proxecto e na súa execución, así como os informes técnicos necesarios, polo que unha vez concedido o crédito, a Xunta de Galicia reintegrará á entidade financeira as contías dos intereses, que a entidade xa non cobra aos titulares do préstamo.

Os préstamos poderán formalizarse con garantía hipotecaria ou persoal e estarán exentos de calquera tipo de comisión e o prazo de amortización estará entre seis meses e quince anos, cun período de carencia inicial de ata dous anos como máximo.