Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICARÁ TRES VIVENDAS EN SILLEDA, A ESTRADA E VILAGARCÍA DE AROUSA A PERSOAS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL

§  As vivendas foron cedidas por Abanca e Sareb para destinalas a alugueiro social

§  No que vai de ano xa se adxudicaron outras 30 vivendas a familias afectadas por desafiuzamentos ou en situación de emerxencia social

 

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2017 .- A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra vén de aprobar tres novas propostas de adxudicación de vivendas para familias en situación de emerxencia social nos Concellos de Silleda, A Estrada e Vilagarcía de Arousa.

 

As vivendas que se propón adxudicar ás familias en situación de emerxencia social, continuando coa aplicación das 12 medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para loitar contra os desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda, foron cedidas pola Sareb e Abanca.

 

Unha vez que as vivendas sexan adxudicadas pola Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, asinaranse os contratos de alugueiro e entregaranse as chaves aos beneficiarios.

 

Con estas adxudicacións a Xunta de Galicia continúa ofrecendo unha alternativa a todos os afectados que o solicitan e cumpren os requisitos establecidos. No que vai de 2017 xa se realoxou a outras 30 familias en vivendas propiedade do IGVS ou cedidas por Abanca e Sareb. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

 

Cómpre lembrar que ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.