Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA SACA A LICITACIÓN, POR MÁIS DE 69.000 EUROS, AS OBRAS DE REPARACIÓN DE OITO VIVENDAS PROPIEDADE DO IGVS NA CORUÑA

- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda fará reparacións nos pisos, en Novo Mesoiro, para rehabilitalos e adxudicalos a través do Rexistro de Demandantes

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2017.- A Xunta de Galicia destinará máis de 69.000 euros á execución de obras de reparación en vivendas de promoción pública e edificios propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo na cidade da Coruña.

O Diario Oficial de Galicia publicará mañá a resolución pola que se licitan ditas obras en vivendas emprazadas na rúa Ribeira Sacra, en concreto, nos números 15, 17 e 21, no barrio de Novo Mesoiro.

Ao tratarse de vivendas que xa estiveron ocupadas, as obras consistirán na adecuación das mesmas para que volvan ser adxudicadas, e afectarán a elementos interiores como paredes e tabiques, pavimentos ou baños, entre outros.

En total realizaranse obras de reparación en oito vivendas, que serán posteriormente adxudicadas a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda.

Nos vindeiros días, o IGVS licitará así mesmo a reparación de varias vivendas da súa propiedade en Ferrol e unha serie de obras destinadas á mellora da eficiencia enerxética en vivendas de Melide. Todas son vivendas de promoción pública construídas polo propio Instituto Galego da Vivenda e Solo.