• A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Ignacio Codesido mantiveron unha reunión esta
tarde para abordar varios asuntos de interese municipal en relación coa mellora de espazos de uso
público e recreativo e proxectos medioambientais
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020.- A Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda e o Concello de Touro (A Coruña) analizarán a posibilidade de colaborar na
execución dalgún proxecto de rehabilitación de edificios para destinalos a usos residenciais. Así o
acordaron esta tarde a conselleira Ángeles Vázquez e o rexedor Ignacio Codesido no transcurso dunha
xuntanza durante a que trataron diversos asuntos de interese municipal relacionados coas súas áreas
de competencia.
Neste sentido, o alcalde de Touro trasladoulle o seu interese por incorporar novas vivendas
ao parque público residencial do municipio e avanzoulle que o Goberno local quere apostar pola
rehabilitación como vía para poñer a disposición da veciñanza vivendas públicas en condicións
vantaxosas.
A este respecto, a conselleira explicoulle que o seu departamento, a través do Instituto
Galego da Vivenda e Solo (IGVS), conta con diferentes tipos de axudas e programas de financiamento
co fin de axudar aos concellos a incrementar o seu parque residencial.
Concretamente, faloulle do Fondo de cooperación de apoio a entidades locais de menos de
50.000 habitantes, un instrumento creado en 2017 para ofrecerlles préstamos sen xuros e en
condicións favorables cos que poder acometer obras de rehabilitación e conservación do patrimonio
construído. Ademais, adiantoulle que o próximo ano haberá unha nova convocatoria da orde de axudas
para rehabilitar antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de
titularidade municipal..
Por outra banda, conselleira e alcalde tamén acordaron estudar posibles vías de cooperación
entre ambos departamentos para levar a cabo proxectos relacionados coa posta en valor no municipio
de áreas recreativas, espazos públicos e sendas peonís co fin de incrementar e mellorar as zonas de
ocio e esparexemento de uso común.
Así mesmo, o rexedor amosouse interesado polo funcionamento do programa de compostaxe
doméstica de Sogama e nos pasos a seguir para que o Concello de Touro se poida incorporar a esta
iniciativa, que busca promover na Comunidade galega a reciclaxe da fracción orgánica de orixe
doméstica.