Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA MOSTROU HOXE DÚAS VIVENDAS EN VIGO E MONDARIZ A SENLLAS FAMILIAS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL

§  No caso de que as acepten a adxudicación será proposta na reunión da Comisión Provincial de Vivenda da próxima semana

§  Trátase de vivendas cedidas por Sareb e Abanca,

 

Santiago, 3 de febreiro de 2016 .- A Xunta de Galicia continúa a dar satisfacción ás demandas dos máis necesitados poñendo á súa disposición as vivendas dispoñibles propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou cedidas polas entidades financeiras.

 

Esta mañá, funcionarios da Xunta na provincia de Pontevedra mostraron a dous solicitantes senllas vivendas nos concellos de Vigo (vivenda cedida por Sareb) e Mondariz (vivenda cedida por Abanca).

 

No caso de que os solicitantes, en situación de emerxencia social, acepten a cesión de ditas vivendas, está previsto que a Comisión Provincial de Vivenda propoña a adxudicación das mesmas na reunión da próxima semana e posteriormente serán adxudicadas pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

 

Estes dous casos súmanse aos preto de 1.150 atendidos pola Xunta da Galicia ao abeiro das 12 medidas adoptadas polo goberno galego para garantir o dereito á vivenda dos máis desfavorecidos.