Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

INICIÁNSE AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DE VIVEIRO (LUGO)

 A acta de replanteo asinouse o martes e as obras iniciaranse mañá, xoves.  O parque contará cunha superficie total de máis de 130 mil metros cadrados e 45 parcelas  O Investimento total achégase aos cinco millóns de euros

Santiago, 22 de xullo de 2009.- A sobras de urbanización do parque empresarial de Viveiro comezarán mañá, xoves, unha vez que o martes foia asinada a acta de replanteo da mesma por parte dos representantes de Xestur Lugo e a empresa adxudicataria, así como os directores de obra. O parque empresarial de Viveiro, radicado na zona de Landrove, ocupará unha superficie total de 130.446 metros cadrados, dos que 84.394 metros serán de uso industrial, repartidos nun total de 45 parcelas. Asemade o parque contará con 16.347 metros cadrados de espazos libres e zonas verdes, 2.609 metros cadrados de equipamento e 500 metros dedicados á depuradora que dará servizo ao mesmo. O resto da superficie corresponde a viais e aparcamentos. O investimento total para o desenvolvemento do parque empresarial de Viveiro acada os 4.964.134 euros, dos que 3.466.510 euros corresponden a obras, 1.166.972 euros a adquisición de solo e 330.652 euros a traballos técnicos. A obra foi adxudicada á UTE formada por Arias Hermanos Construcciones S.A e Pavasal Constructora S.A., por un importe de 3.075.847,90 euros e un prazo de execución de nove meses.

 

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS