Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

ASINOUSE EN SANTIAGO O ACORDO DE COLABORACIÓN DO PROXECTO “ADAPTACLIMA” PARA O DESENVOLVEMENTO DE MEDIDAS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

 Foi proposto polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e participan representantes de Galicia, Cantabria, País Vasco, Andalucía, Extremadura, Francia e Portugal.  O proxecto insírese no programa de Cooperación Territorial Espacio Sudeste Europeo (Interreg SUDOE).  A Unión Europea financiará o 75 por cento do orzamento total, que ascende a 1.293.993,33 euros.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2009.- O acordo de colaboración para o desenvolvemento do proxecto “ Adaptaclima” no que participa o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) xunto con organismos de España, Francia e Portugal asinouse hoxe en Santiago de Compostela, no transcurso da primeira xuntanza celebrada por tódolos participantes co obxectivo de poñer en marcha os traballos. O proxecto Adaptaclima insírese no Programa de Cooperación Territorial Espacio Sudeste Europeo (Interreg SUDOE) e será financiado nun 75 por cento pola Unión Europea. O orzamento total do programa é de 1.293.993,33 euros, dos que a UE achegará 970.495 euros. O obxectivo principal do programa é promover e desenvolver medidas de adaptación da sociedade aos futuros escenarios derivados do cambio climático e contribuír a concienciar á poboación sobre as consecuencias reais do cambio climático e amortecer o impacto negativo do mesmo nos aspectos económicos e sociais. As principais actividades deste proxecto de cooperación son o cálculo dos escenarios climatolóxicos nas áreas de intervención; definir os cambios e estudar os impactos previstos; e definir un plan de adaptación aos escenarios previstos. Neste contexto, os principais resultados que se espera obter nos próximos dous anos, son, entre outros: - Un sistema de predicións climáticas de alta resolución das áreas de intervención seleccionadas. - Modelos climáticos de escala rexional. - Estudios exhaustivos sobre os posibles cambios producidos polo cambio climático, nas infraestruturas e nas edificacións; así coma o seu impacto na socioeconomía dos territorios. - Directrices locais dirixidas a orientar a adaptación ás consecuencias do cambio climático. - Unha estratexia conxunta de xestión ambiental, ampliable a outros territorios do espazo SUDOE. No programa participan a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Mancomunidad de Municipios Sostenibles de Cantabria, NEIKER (Instituto Vasco de Investigación y Desarrollo Agrario), ADESVAL (Agencia de Desarrollo del Valle de Alagón) e a Junta de Andalucía, o CETE (Centre d’études Techniques Sud Ouest), a Chambre d’Agriculture de la Dordogne e AMAVE (Associação de Municipios do Vale do Ave).

 

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS