Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

COMEZA A SINATURA DE ACTAS DE PAGO E OCUPACIÓN DOS TERREOS EXPROPIADOS PARA O PARQUE EMPRESARIAL DE AS GÁNDARAS (LUGO)

 A expropiación inclúe máis de 760.000 metros cadrados, repartidos en 160 fincas, e acada un investimento de máis de 10,5 millóns de euros  A primeira fase do parque empresarial está xa en execución, ocupará un total de 876.000 metros cadrados e prevese o seu remate a finais de 2010  A superficie total do parque empresarial de As Gándaras acadará 2.167.503 metros cadrados

Santiago, 1 de xullo de 2009.- Xestur Lugo comezou o proceso de sinatura de actas de pago e ocupación dos terreos expropiados para o parque empresarial de As Gándaras, no concello de Lugo. Prevese que a finais de xullo quede rematado o procedemento e a totalidade dos terreos adquiridos pola empresa pública. O parque empresarial de As Gándaras ocupará unha superficie total de 2.167.503 metros cadrados, dos que arredor de 1,4 millóns de metros cadrados foron adquiridos por compra-venda ao Concello de Lugo e o resto incluídos no proxecto de expropiación que agora remata. Nese senso, Xestur expropia máis de 760.000 metros cadrados, repartidos nun total de 160 fincas. O investimento na expropiación supera os 10,5 millóns de euros. Na actualidade están xa en execución as obras de urbanización da primeira fase do parque empresarial, que ocupará un total de 876.000 metros cadrados e que se emprazan nos terreos adquiridos ao concello. A previsión é que as obras de urbanización da primeira fase do parque empresarial de As Gándaras rematen a finais de 2010, poñendo en servizo un total de 382.000 metros cadrados de superficie de uso industrial.

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS