Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Axudamoste » Facer unha rehabilitación » Axudas ao abeiro do Plan de Vivenda 2009-2012 » Axudas Renove á rehabilitación illada dun edificio de vivendas

Renove a la rehabilitación de viviendas y edificios de viviendas existentes

Plan Vivenda 2009-2012

ACTUACIÓNS PROTEXIDAS

1. Actuacións para mellorar a eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio ambiente nas vivendas, e a utilización de enerxías renovables:

  • Instalación de paneis solares, a fin de contribuír á produción de auga quente sanitaria demandada polas vivendas, en polo menos, o 50 % da contribución mínima esixible para edificios novos segundo o no Código Técnico da Edificación.
  • Mellora da envolvente térmica do edificio para reducir a súa demanda   enerxética, mediante actuacións como o incremento do illamento térmico, a substitución de carpinterías e acristalamentos dos ocos, ou outras, sempre que se demostre a súa eficacia enerxética, considerando factores como a severidade climática e as orientacións.
  • Calquera mellora nos sistemas de instalacións térmicas que incrementen a súa eficiencia enerxética ou a utilización de enerxías renovables.
  • Mellora das instalacións de subministro e instalación de mecanismos que   favorezan o aforro de auga así como a realización de redes de saneamento separativas no edificio que favorezan a reutilización das augas grises no propio edificio e reduzan o volume de vertido ao sistema público de   sumidoiros.
  • Cantas outras sirvan para cumprir os parámetros establecidos nos documentos Básicos do Código Técnico da Edificación DB-HE de aforro de enerxía, DB-HS Salubridade, e DB-HS, protección contra o ruído.

 

2. Actuacións para garantir a seguridade e estanquidade dos edificios

  • Calquera intervención sobre os elementos estruturais do edificio, incluída a cimentación, que estea destinada a reforzar ou consolidar as súas deficiencias.
  • Instalacións eléctricas, co fin de adaptalas á normativa vixente.
  • Calquera intervención sobre os elementos da envolvente afectados por humidades.

 

3. Actuacións para a mellora da accesibilidade ao  edificio:
Consideraranse actuacións para a mellora da accesibilidade as tendentes a adecuar os edificios á Lei de Propiedade Horizontal.  En particular:

  • A instalación de ascensores ou adaptación dos mesmos ás necesidades de persoas con discapacidade ou ás novas normativas que houberan entrado en vigor  tras a súa instalación.
  • A instalación ou mellora de ramplas de acceso aos edificios, adaptadas ás necesidades de persoas  con  discapacidade.
  • A instalación ou mellora de dispositivos de acceso aos edificios adaptados a persoas con discapacidade sensorial.
  • A instalación de elementos de información que permitan a orientación  no uso de escaleiras e ascensores.
  • Obras de adaptación das vivendas ás necesidades de persoas con    discapacidade ou  maiores de 65 anos.

 

PRESUPOSTO PROTEXIDO:
O presuposto protexido será o custo total das obras a realizar sobre os elementos comúns e instalacións xerais (incluídas as necesarias sobre as partes afectadas nas vivendas e locais)
Coas seguintes limitacións:

  • Máximo 90 metros cadrados útiles por vivenda resultante da actuación ou local afectado por ela.
  • Para garaxes e anexos, a superficie máxima será de 25 e 8 metros cadrados respectivamente.
  • A contía máxima do presuposto protexido por metro cadrado útil non pode superar o 70% do módulo básico estatal vixente no momento da calificación provisional da actuación.

 

IMPRESCINDIBLE:

  • Polo menos o 25% do presuposto das actuacións protexidas ten que estar dedicado a:
  • Utilización de enerxías renovables,
  • Mellora da eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio ambiente e
  • Accesibilidade do edificio

 

BENEFICIARIOS
Poden ser beneficiarios:

  • O promotor da actuación
  • Os propietarios e inquilinos autorizados
  • As  comunidades de propietarios

Sempre que:

  • Non incorran nas prohibicións para ser beneficiario do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de  Galicia.
  • Non ter obtido axudas financeiras nin préstamos convidos, para o mesmo tipo de actuación ao abeiro de plans estatais ou autonómicos os 10 anos anteriores á solicitude actual.
  • Destinar á vivenda a domicilio permanente e habitual durante 5 anos

Os ingresos familiares das persoas beneficiarias non poderán exceder de 6,5 IPREM, cando se trate da rehabilitación, para uso propio, de elementos privativos. Nunha ficha aparte poderá ver a táboa de ingresos.
Cando a rehabilitación teña por obxecto os elementos comúns, ou a totalidade do edificio para destinalo a arrendamento, as condicións dos beneficiarios serán as mesmas que as das vivendas protexidas para arrendamento

O préstamo Convido.

• A resolución de concesión do préstamo pode facerse efectiva ante calquera entidade de crédito colaboradora do Plan de Vivenda.
• O préstamo poderá alcanzar a totalidade do presuposto protexido.
• Tipo de xuros fixo ou variable, fixado e revisado anualmente polo Consello de Ministros.
• Non terán comisión ningunha.
• Estará garantizado con hipoteca.
• As cotas serán constantes en toda a vida do préstamo, dentro de cada un dos períodos de amortización.
• O plazo de amortización do préstamo: Iniciarase coa expedición da Calificación definitiva, será de 15 anos como máximo.
• O período de carencia será de hasta 2 anos ampliable a 3 anos coa autorización da comunidade autónoma e o acordo da entidade de crédito.

Poderán obter o préstamo para financiar a actuación protexida de Rehabilitación dun edificio:
• Os propietarios ou ocupantes das vivendas, con independencia dos seus ingresos familiares.
• Os locais, cando se trate da rehabilitación de elementos comuns e participen nos costes de execución.

A subvención:

Promotores
A subvención é incompatible coa subsidiación do Préstamo convido.
Abónase polo IGVS.

Comunidades de propietarios
A subvención é incompatible coa subsidiación do Préstamo convido.
Abónase polo IGVS.

Contía da subvención:

  • Máximo 10% do presuposto protexido
  • Límite de 1.100 €/vivenda

 

Ademais, poderán obter una subvención, os propietarios ou ocupantes da vivenda, promotores da Rehabilitación, cando:

  • Ingresos familiares no excedan de 6,5 IPREM
  • Contía máxima: 15 % presuposto protexido
  • Límite de 1.600 €/vivenda con carácter xeral
  • Límite de 2.700 €/vivenda, cando:
    • Sexan maiores de 65 anos
    • Persoas con discapacidade
    • As obras se destinen á eliminación de barreiras ou á adecuación da vivenda ás súas necesidades específicas

 

INCOMPATIBILIDADES:
Non poderán obter a financiación deste programa as actuacións en vivendas emprazadas en:

- ARIS (Areas de Rehabilitación Integral)

- ARUS (Areas de Renovación Urbana).

Non será obxecto de axudas financeiras a rehabilitación de locais.

Non esqueza:
A suma das axudas financeiras estatais e as da Comunidade Autónoma, así como doutras Administracións ou organismos públicos, nacionais ou internacionais, non poderá superar o 75% do custo do orzamento protexible.
Cando se trate da rehabilitación dunha vivenda unifamiliar illada que precise obras de rehabilitación, a financiación será a que corresponda á actuación predominante

 

¿QUE TEN QUE FACER?
Presentar a solicitude de cualificación da actuación como protexida.
Cando saia  a orde de convocatoria, solicitar as axudas no modelo normalizado da orde xunto coa documentación técnica e persoal que se indica no anexo da solicitude.
Realizar as obras nos termos da resolución de concesión, previa obtención das licencias e permisos preceptivos segundo a normativa sectorial.
Rematadas as obras, deberá aportarse a documentación xustificativa da súa realización.

Plan Vivenda 2013-2016

O Plan de vivenda 2013-2016 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.