Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Aluguer » Programa de axuda ao alugamento de vivendas » Consulta o teu expediente convocatorias(2018 e 2019)

Consultas Alugamento

Convocatoria alugamento 2019


As persoas solicitantes que non figuren na listaxe de concesións publicada na páxina web do IGVS poden consultar a causa de denegación do seu expediente na seguinte ligazón. Debe introducir o seu NIF e premer no botón "Xerar contrasinal".


Consulta o teu expediente


De conformidade co artigo 11 da Orde do 2 de agosto de 2019 e para a determinación dos ingresos da unidade de convivencia, as contías que se teñen en conta son a "Base impoñible xeral" e máis a "Base impoñible do aforro".


Na declaración do IRPF 2018 estes importes atópanse nas casiñas numeradas como 435 e 460. No caso de que non se tivera realizado a declaración da renda no citado exercicio, os datos de ingresos utilizados para a tramitación desta axuda son os facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e, de ser o caso, os sinalados no Anexo I.


O prazo para presentar os recursos contra as denegacións comezará desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución pola que se lle dá publicidade ás concesións e denegacións.

Convocatoria alugamento 2018


As persoas solicitantes que non figuren na listaxe de concesións publicada na páxina web do IGVS poden consultar a causa de denegación do seu expediente na seguinte ligazón. Debe introducir o seu NIF e premer no botón "Xerar contrasinal".


Consulta o teu expediente


De conformidade co artigo 7 da Orde do 22 de xuño de 2018 e para a determinación dos ingresos da unidade de convivencia, as contías que se teñen en conta son a "Base impoñible xeral" e máis a "Base impoñible do aforro".


Na declaración do IRPF 2017 estes importes atópanse nas casiñas numeradas como 415 e 435. No caso de que non se tivera realizado a declaración da renda no citado exercicio, os datos de ingresos utilizados para a tramitación desta axuda son os facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e, de ser o caso, os sinalados no Anexo V


O prazo para presentar os recursos contra as denegacións comezará desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución pola que se lle dá publicidade ás concesións e denegacións.

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.