Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Solo residencial » Presentación

Solo

Presentación de Solo

Coa necesidade de programar as necesidades de solo productivo para a comunidade autónoma de Galicia, dende a Dirección Técnica de Solo estase a tramitar instrumentos de ordenación do territorio recollidos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e regulamentada polo Decreto 80/2000, de 23 de marzo: Plans e proxectos sectorias de incidencia supramunicipal.

Con esta premisa ponse en marcha a redacción e tramitación do Plan Sectorial de Ordenación de Areas Empresarias na Comunidade Autónoma de Galicia que ordenará superficie de solo empresarial para poder desenvolver ata o ano 2024, partindo cos seguintes obxectivos fundamentais: 

Cuantificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial que debe urbanizarse no ano horizonte do Plan Sectorial, para cubrir as necesidades da demanda estimada.

Definir os ámbitos do territorio susceptibles de acoller actuacións de carácter empresarial para cubrir a longo prazo as necesidades de solo empresarial derivadas da aplicación das Directrices de Ordenación do Territorio, mediante o estudo da capacidade de acollida do territorio para actividades empresariais.

Por outra banda, facilítase tamén aos empresarios o solo dispoñible nas catro provincias galegas promovidas polas Xestures e o IGVS para que poidan desenvolver os seus proxectos o máis axiña posible.

 

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.

Bonificación Solo Empresarial

Para medrar con bases sólidas. Ata un 50% de bonificación e con axudas no financiamento do teu proxecto

PROGRAMA PAGUS

O Programa de Apoio á Xestión Urbana Sustentable (PAGUS) é un Programa INTERREG III-C da Comisión Europea que ten por obxectivo desenvolver estratexias e instrumentos comúns para a rehabilitación sustentable e desenvolvemento dos centros históricos das cidades e vilas europeas a través de diferentes tipos de accións integradas. En Galiza desenvolveronse accións ao seu abeiro en Allariz, Celanova, Ferrol, Lugo, Mondoñedo, Ribadavia, Ribadeo, Santiago de Compostela ou Vigo.