Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Compra » Axudas para a adquisición de vivendas protexidas

ADQUISICIÓN

Adquisición de vivendas protexidas (VI420C)

Este programa de axudas está dirixido a incentivar economicamente a compra de vivendas de protección autonómica de réxime xeral ou especial de nova construción ou procedentes da rehabilitación que se adquiran a partir do 1 de xaneiro de 2021.

Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos

a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.
b) Ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, dunha vivenda de protección autonómica de réxime xeral ou especial de nova construción ou procedente da rehabilitación cualificada definitivamente na data de publicación da correspondente convocatoria
c) Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado de compravenda visado pola área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo onde estea situada a vivenda ou, de ser o caso, unha escritura pública de compravenda que conteña as cláusulas obrigatorias derivadas da cualificación definitiva da vivenda.
d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Contía das axudas

A contía da axuda para a adquisición de vivenda será a seguinte:

a) No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.
b) No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.

En todo caso, as axudas terán o límite do 20 % do prezo de compra da vivenda, sen que, para estes efectos, se inclúan os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

Adquisición de vivendas por varias persoas conxuntamente

Neste suposto, cada unha das persoas adquirentes da vivenda deberá presentar unha solicitude e a contía da axuda será proporcional á súa porcentaxe de participación na compra da vivenda


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2021.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.

Bonificación Solo Empresarial

Para medrar con bases sólidas. Ata un 50% de bonificación e con axudas no financiamento do teu proxecto