Inicio

Xunta de Galicia

REHABILITACIÓN

PROGRAMA REHALUGA

O Programa Rehaluga establece subvencións para a rehabilitación ou mellora de vivendas para a súa incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras, no ámbito do Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020 e convocar estas subvencións para a anualidade 2017.

BENEFICIARIAS

Poden beneficiarse destas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas e realicen as actuacións necesarias para a súa incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES


Obras de conservación e mantemento

Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como o correcto funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente

Axustes na distribución interior da vivenda que non impliquen unha alteración substancial da súa configuración.

CONTÍA

As actuacións subvencionaranse no 100% do gasto xustificado, sen que o importe desta axuda poida superar a cantidade de 4.000 €, no caso dunha vivenda emprazada nun edificio de tipoloxía residencial colectiva, ou de 5.500 €, no caso de tratarse dunha vivenda unifamiliar

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.