Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rehabilitación » Axudas a concellos » Fondo de cooperación para a rehabilitación

REHABILITACIÓN

Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Resolución do 20 de Setembro de 2016, da presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se crea o fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes

Obxecto

Crear un fondo de cooperación como mecanismo de apoio ao financiamento das actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído que realicen os concellos de menos de 50.000 habitantes, por medio de préstamos sen xuros e aprobar o procedemento de disposición e reintegro das cantidades integrantes do citado fondo.

Dotación do fondo de cooperación

O fondo de cooperación dotarase cun importe máximo de 10.000.000 € que proveñen do depósito obrigatorio das fianzas respectando a disposición máxima prevista legalmente.

Obras que se poden financiar

Con cargo ao fondo de cooperación poderán financiarse as seguintes actuacións: 

  • Actuacións promovidas polos concellos no desenvolvemento das competencias que lles atribúe a lexislación urbanística, en relación cos deberes de conservación e rehabilitación. 
  • Actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas realizadas polo concello dentro das propias políticas municipais en materia de conservación e recuperación do patrimonio construido.
  • Adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.

 

Procedemento de disposición de fondos

O IGVS publicará anualmente resolucións de convocatoria nas que se fixarán o procedemento, condicións e criterios para o acceso ao financiamento, total ou parcial, das actuacións con cargo ao fondo de cooperación e se abrirá un prazo de presentación de solicitudes.

O concello que desexe acollerse a este mecanismo presentará a correspondente solicitude que, de ser aprobada conforme ao procedemento previsto na convocatoria, se materializará na sinatura dun convenio de financiamento con cargo ao fondo de cooperación. No citado convenio constarán as actuacións a realizar, a contía a dispoñer, o prazo e condicións de reintegro e as demais condicións para o acceso ao fondo.

Ningún concello poderá realizar unha solicitude de disposición nin acumular a través de diferentes convenios de financiamento máis do 25 % do total do importe co que está dotado o fondo.

En todo caso, o concello deberá aceptar expresamente no convenio de financiamento a posibilidade de compensación e retención das achegas vencidas e non pagadas con cargo ao Fondo de Compensación Local e se comprometerá a incluír nos orzamentos dos exercicios seguintes, con cargo aos ingresos correntes, as anualidades previstas no convenio para a reposición dos fondos,

 

BIBLIOTECA DE LEXISLACIÓN

A biblioteca virtual de lexislación e normativas do Instituto Galego de Vivenda e Solo contén a maioría da normativa relacionada coa vivenda e o solo empresarial. Poderás consultala filtrándoa polo tema que che interese, segundo o tipo de normativa que busques, polo estado no que se atopa ou polo tipo de disposición de que se trate.

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.