Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rehabilitación » Axudas a particulares e propietarios de comunidades » Préstamos para rehabilitación

REHABILITACIÓN

Programa de Préstamos Cualificados para a Rehabilitación

Orde do 19 de setembro de 2016 da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se aproba o programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas e se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas deste programa.

Obxecto

Habilitar un programa consistente en incentivar a rehabilitación mediante a concesión de financiamento aos promotores da actuación (persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación e comunidades de propietarios).

As axudas para as actuacións de rehabilitación poderán consistir en: 

  • Préstamos cualificados concedidos polas entidades de crédito no ámbito dos convenios asinados co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). A contía máxima dos préstamos será de 30.000€ ou 60.000€, segundo a garantía sexa persoal ou hipotecaria, respectivamente. En todo caso, o importe do préstamo non poderá ser superior ao custe das obras.
  • Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros dos préstamos cualificados, de modo que o IGVS subsidiaría os xuros, por tramos de ingresos, ata un máximo de 4 anos.

 

Obras de rehabilitación financiables
  • Obras de adecuación estrutural e construtiva, de adecuación das condicións de habitabilidade do edificio ou da vivenda e de mellora de eficiencia enerxética.
  • Obras de adecuación dos edificios ou das vivendas e os seus accesos á normativa vixente sobre accesibilidade.
  • Obras de adecuación do acabado xeral do edificio e das vivendas aos principios da boa construción.
  • Obras de remate en edificacións cuxos paramentos de fachada ou cubertas, non se remataron no momento da construción do edificio (neste suposto deberá xustificarse que a vivenda ten una antigüidade mínima de 10 anos e que foi habitada durante un mínimo de 5 anos).
 
Acordos de colaboración coas entidades de crédito

Poderán colaborar no desenvolvemento deste programa as entidades de crédito que soliciten a sinatura do convenio que se incorpora como anexo I da orde. A formalización destes convenios de colaboración permitirá:

  • Garantir unha oferta suficiente de préstamos cualificados (sempre de acordo coas garantías de solvencia das entidades e da demanda destes préstamos por parte dos particulares)
  • Posibilitar a xestión do pagamento da subsidiación, que posteriormente se liquidará periodicamente ao IGVS

 

Préstamos cualificados

 Procedemento

  • Para acceder aos préstamos do programa, as persoas promotoras das actuacións de rehabilitación, deberán ter previamente una resolución emitida polo IGVS.
  • Xunto coa resolución de acceso ao préstamo cualificado, as persoas promotoras presentarán ante a entidade a documentación que esta considere necesaria, especialmente en canto ao establecemento das garantías.
  • A aprobación e formalización dos préstamos poderá realizarse desde a resolución emitida polo IGVS ata a data de certificación de finalización de obra.
  • As entidades deberán notificar ao IGVS a data de formalización dos préstamos, así como a contía e data das disposicións ata o seu total desembolso.

 

Características dos préstamos

 Os préstamos convidos terán as seguintes características mínimas:

  • Contía do crédito: O menor dos seguintes importes:
    • Custe total da obra co límite do orzamento protexible
    • 30.000 ? (préstamos persoais) o 60.000 ? (hipotecarios)
  • Prazo de amortización: Entre 6 meses e 15 anos.
  • Garantías: garantía hipotecaria ou garantía persoal.
  • Período de carencia: Poderá establecerse un período de carencia inicial do capital ata 2 anos.
  • No suposto de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, os préstamos calcularanse para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.
  • Sen comisións

Orzamento Protexible

O importe máximo que se solicite poderá incluír o custe da rehabilitación/obra que se vai realizar e os seguintes custes, sempre que estean debidamente xustificados:

  • Honorarios dos profesionais que interveñan no proxecto da obra e/ou na súa execución.
  • Informes técnicos.

Non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos nin os gastos de taxación, os notariais e os rexistrais.

 Subsidiacións

A porcentaxe da subsidiación dos xuros do préstamo e a súa duración dependerá do nivel de ingresos da unidade de convivencia da persoa prestataria, de acordo co establecido no seguinte cadro:

IPREM

Subsidiación máxima

Duración máxima

Menor ou igual a 4

100% dos xuros

48 meses

Maior de 4 e menor de 5,5

80% dos xuros

36 meses

Maior de 5,5 e menor de 6,5

Sen subsidiación

Duración do préstamo

 

No suposto de actuacións promovidas polas comunidades de propietarios/as, as subsidiacións dos préstamos calcularanse para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras e dos ingresos da unidade de convivencia, sempre que se cumpran os demais requisitos previstos na orde do 19 de setembro de 2016. No caso de que simultaneamente coas obras de elementos comúns se realicen actuacións protexibles nas vivendas do edificio, a subsidiación total que lle correspondería a cada vivenda non poderá exceder das porcentaxes máximas establecidas no cadro anterior.
A contía anual da subsidiación será descontada previamente pola entidade financeira das cotas que corresponderían en concepto de amortización de capital e xuros cando proceda, na parte rateada que corresponda a cada vencemento. 

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.

Áreas de Rehabilitación Integral(ARI)

A rehabilitación dos contornos urbanos plásmanse na creación das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) que son a chave para a rehabilitación de espazos urbanos degradados a través de programas orientados á súa conservación, recuperación e mellora de calidade de vida dos seus habitantes.