OFERTA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE INMOBLES EN FERROL, BETANZOS, RIBADAVIA, OURENSE E
TUI
A Xunta de Galicia adquirirá inmobles en estado de abandono
ou semiabandono nos cascos vellos de Ferrol, Betanzos, Ribadavia, Ourense e Tui para proceder á súa
rehabilitación, destinando inicialmente 1,5 millóns de euros en 2019 á adquisición de ditos
inmobles. Os fondos destinados á adquisición de inmobles poderán incrementarse si é
necesario.
Esta actuación enmarcase no programa Rexurbe co que a Xunta
de Galicia traballa na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas e da
continuidade á oferta realizada en 2018 na que se adquiriron 26 inmobles nos conxuntos históricos
de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense. Este ano a convocatoria estendese aos conxuntos históricos de
Ribadavia e Tui,
Con tal fin, o Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca un
concurso público no que os propietarios interesados poderán ofrecerlle os inmobles da súa
propiedade para que sexan adquiridos polo IGVS. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a
Resolución pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de
inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos de Ferrol, Betanzos, Ribadavia, Ourense e
Tui para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación. Más información no
seguinte enlace:
Diario
Oficial de Galicia
Os inmobles que adquira o IGVS deberán estar situados nos
ámbitos delimitados polo IGVS dentro dos cascos vellos de Ferrol, Betanzos, Ourense, Ribadavia e
Tui, nos ámbitos que se indican na Resolución publicada no DOG.
Ademais, as vivendas que adquira o IGVS deben reunir uns
requisitos mínimos que permitan:
-
Que as novas vivendas reúnan condicións óptimas de confort e
habitabilidade
-
Que se poida construír polo menos unha vivenda por pranta
con, como mínimo, dúas estancias que cumpran as condicións dimensionais establecidas nas normas de
habitabilidade de vivendas
-
Ter un longo de polo menos catro metros e garantido o acceso
a través de espazos de dominio e uso público
-
Non estar afectadas por servidumes ou cargas que podan facer
inviable a actuación.
-
Estarán inscritas no Rexistro da Propiedade
Ademais, o custe de adquisición non poderá superar o valor
de mercado do inmoble nin un valor máximo que se calculará coas fórmulas e parámetros incluídos na
resolución para cada rúa ou zona.
O IGVS seleccionará os inmobles a adquirir conforme aos
criterios fixados na resolución, entre os que destacan:
-
Edificios que teñan un valor arquitectónico ou ambientais
especiais que aconselle a súa recuperación.
-
Edificios cuxa recuperación poida contribuír de xeito
especial á rexeneración ambiental da zona onde estea emprazado.
-
Ofertas que contemplen a recuperación dun rueiro completo de
máis de tres inmobles.
-
Edificios que faciliten notablemente ou faga viable a
construción, rehabilitación ou renovación doutros inmobles propiedade do IGVS.
Os propietarios interesados en vender os seus inmobles
dispoñen ata o 31 de xullo de 2019 para presentar as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e
Solo.