Subvencionaranse obras de rehabilitación en edificacións e vivendas, co obxecto de que estas acaden unhas mínimas condicións de habitabilidade.
Estas actuacións poden afectar a elementos exteriores, ás condicións estruturais e de seguranza, á habitabilidade e accesibilidade da edificación ou vivenda.
No marco do Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora do
acceso á vivenda, a Xunta de Galicia destinará este ano 200.000 euros a axudas a concellos de menos
de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que
habiten, en condición de propietarios, nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación
e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de
habitabilidade.
Esta subvención tamén terá por obxecto permitir a estes concellos rehabilitar
edificacións ou vivendas do seu patrimonio municipal para destinalas a solucionar os problemas de
residencia das unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nas convocatorias.
Poderanse subvencionar obras de rehabilitación en edificacións e vivendas, co
obxecto de que estas acaden unhas mínimas condicións de habitabilidade. Estas actuacións poden
afectar a elementos exteriores, ás condicións estruturais e de seguranza, á habitabilidade e
accesibilidade da edificación ou vivenda.
REQUISITOS PARA PARTICIPAR NESTE PROGRAMA
CONTÍA
As axudas aos concellos para as actuacións sinaladas poderán acadar ata o 95% do
orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 15.000 euros
por edificación. A solicitude da axuda deberá realizala o concello, que garantirá a dispoñibilidade
de fondos para cubrir o 5 por cento adicional do presuposto necesario para a actuación
prevista.
PRAZO DE PRESENTACIÓN SE SOLICITUDES PARA O EXERCICIO 2020
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de
2020, salvo esgotamento previo do crédito.