Este programa consiste en dúas liñas de axudas co obxecto de facilitar o
desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios
económicos.
Prazo de presentación de solicitudes: do 12/09/2019 ao 11/10/2019
LIÑAS DE AXUDAS E CONTÍA
As persoas beneficiarias deste programa poderán acceder ás seguintes liñas de axudas:
Liña A: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda, en réxime de
alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda varía en
función do grupo de idade:
- Persoas entre 18 e 64 anos: 40% da renda mensual do alugueiro
- Persoas de 65 ou máis anos: 50% da renda mensual de alugueiro
Liña B: axuda dirixida a persoas con escasos medios económicos que non teñan
cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude. A contía da axuda é do 50% da renda
mensual de alugueiro.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
a)
Anexo I, de solicitude
b)
Contrato de alugamento da vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da
súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de
arrendamentos urbanos.
c)
Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de
convivencia, expedido dentro dos tres meses anteriores á data da presentación da
solicitude. As persoas integrantes desta unidade de convivencia deben constar empadroados na
vivenda obxecto do contrato de alugamento á data da presentación da solicitude.
d)
Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia da
persoa solicitante e comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento,
no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa. No caso de que unha
unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar, deberase cubrir un modelo de
anexo II por cada unha delas.
As solicitudes (anexo I) que no momento da súa presentación non vaian acompañadas dos
documentos sinalados nas letras b), c) e d) quedarán automaticamente inadmitidas.
e)
Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia,
no caso de non presentar declaración do IRPF ou percibir algunha das rendas exentas previstas no
artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, acompañado da seguinte documentación:
- Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no
devandito exercicio.
- Certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo
oficial, no caso de non ser outorgadas polo INSS.
- Certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario.
- Certificado da contía percibida pola Renda de Integración Social de Galicia.
f) No caso de ingresos obtidos no estranxeiro,
copia da declaración similar á do IRPF, autenticada pola correspondente delegación consular
e, de ser o caso, o certificado acreditativo de equivalencia en euros do importe
declarado.
g)
No caso das persoas separadas ou divorciadas, convenio regulador de nulidade,
separación ou divorcio, ou sentenza que acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda
familiar, así como a documentación acreditativa de estar ao día no pagamento das pensións
alimenticias e compensatorias, de ser o caso.
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das
persoas estranxeiras.
Ser titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda
cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral,
formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos e cuxos efectos
económicos sexan anteriores ao último día de prazo de presentación de solicitudes.
Os ingresos da unidade de convivencia deben estar comprendidos no intervalo de
0,7 e 2 veces o IPREM, agás familias numerosas ou unidades de convivencia con
persoas con discapacidade, cuxo límite máximo será de 4 ou 5 veces o IPREM dependendo das
circunstancias.
A) Requisito de ingresos da unidade de convivencia, agás casos especificados nas columnas
B) e C)
|
B) Familia numerosa de categoría
XERAL ou persoas con discapacidade (distinta da sinalada na columna C):
|
C) Familia numerosa de categoría
ESPECIAL ou persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade
1
|
Ingresos mínimos:
0,7 veces IPREM
|
Ingresos máximos:
2 veces IPREM
|
Ingresos mínimos:
0,7 veces IPREM
|
Ingresos
máximos:
4 veces IPREM
|
Ingresos mínimos:
0,7 veces IPREM
|
Ingresos
máximos:
5 veces IPREM
|
5.263,71€
|
15.039,18€
|
5.263,71€
|
30.078,36€
|
5.263,71€
|
37.597,95€
|
- A persoa beneficiaria e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia
deben constar empadroados na vivenda na data da presentación da solicitude.
- A persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia
deben estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade
Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración
pública da Comunidade Autónoma.
- A renda mensual da vivenda alugada non pode superar os importes establecidos no artigo 10.
- Poderán ser beneficiarias das axudas da
liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, as
persoas físicas maiores de idade que
non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o
resto de requisitos sinalados.
NON ESQUEZA:
-
Para ser beneficiario/a da axuda ten que ser titular dun contrato de alugamento no momento
de presentar a solicitude (tanto na liña A como na liña B).
-
Seleccionar unha das dúas liñas de axuda no anexo I, e indicar o grupo de idade e a renda
(Campos obrigatorios).
-
Entregar toda a documentación especificada (anexo I, II, contrato de alugamento, padrón
conxunto, xustificación de ingresos e convenio regulador, de ser o caso)
-
Só se admitirá unha única solicitude por unidade de convivencia e só se poderá conceder
unha única axuda por contrato de alugamento.