Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Promoción / Autopromoción » Convenio de financiamento con entidades financeiras

CONVENIO DE COLABORACIÓN FIRMADO CON VARIAS ENTIDADES FINANCIERAS PARA LA FINANCIACIÓN DE LAS VIVIENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA Y DE ACTUACIONES DE REHABILITACIÓN

OBXECTO
Arbitrar as liñas de financiamento das actuacións protexibles en materia de vivenda de protección autonómica e rehabilitación de vivendas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
ENTIDADES ASINANTES
  • Banco de Santander
  • BBVA
  • Banco Etcheverría
  • Caixa Rural Galega
Poderá adherirse ao convenio calquera outra entidade que o desexe
 
PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS
 
  • As entidades de crédito asinantes concederán financiamento ás actuacións que se inclúen no presente convenio sempre que se cumpran as condicións e requisitos previstos na normativa reguladora para as vivendas de protección autonómica e de actuacións financiables en materia de rehabilitación de vivendas, así como outras disposicións normativas referidas ás entidades de crédito ou emitidas polo Banco de España, e cos criterios e condicións establecidos polas entidades de crédito para a concesión de préstamos. 
  • Os préstamos terán as características mínimas que se describen nos seguintes apartados que poderán ser melloradas por cada entidade. 
  • Cada entidade poderá fixar uns requisitos previos para o acceso ao financiamento, que deberán de ser aprobados nunha comisión bilateral composta por representantes do IGVS e da entidade financeira.
 
1.- PRÉSTAMOS PARA A PROMOCIÓN DE VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA
 
Garantía:
Hipotecaria
Contía:
Tomando como base de cálculo o módulo aplicable a cada área xeográfica, a contía do préstamo será de ata un 80% do citado módulo, polo número de m2 útiles e computables das vivendas protexidas da promoción. Se as vivendas tiveran garaxe e rocho, a contía global do préstamo poderá incrementarse ata cubrir o 80% do prezo máximo dos mesmos co límite de 90 m2 de vivenda (120 m2 no suposto de familias numerosas), 25 m2 de garaxe e 8 m2 de rocho.
O importe total da disposición a realizar polo promotor non poderá superar o 75 % do valor real da construción.
Duración:
25 anos + 3 de carencia.
Xuro:
O tipo de xuro efectivo inicial determinado para as promocións ou vivendas a financiar determinarase tomando o euribor a 12 meses publicado polo Banco de España no BOE, no mes anterior á data de formalización do préstamo máis un diferencial de 400 puntos básicos.
O tipo de xuro efectivo anual inicial do préstamo será de aplicación ata a súa revisión. Dito tipo revisarase cada 12 meses, a contar desde o último día do mes da formalización do préstamo. Para iso, tomarase como referencia o euribor a 12 meses publicado polo Banco de España no BOE no mes anterior ao da data da revisión, mais o diferencial de aplicación (400 puntos básicos), que será o novo xuro en taxa efectiva aplicándose o tipo nominal que resulte, derivado da taxa porcentual resultante e equivalente para vencementos mensuais. Na data de revisión recalcularase a nova cota en función do saldo do capital pendente de vencer e o prazo restante.
Amortización:
A amortización do principal efectuarase nun período de 25 anos, en cotas mensuais. As cotas serán constantes durante toda a vida do préstamo, dentro de cada un dos períodos de amortización que corresponda a un mesmo tipo de xuros.
Comisións:
Apertura: 1.00 %.
 
 
2.- PRÉSTAMOS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA
 
Ø Os adquirentes de vivendas protexidas poderán obter préstamos convidos ben directamente ou por subrogación no préstamo convido do promotor, unha vez obtida a cualificación definitiva.
 
Garantía:
Hipotecaria
Contía:
Tomando como base de cálculo o módulo aplicable a cada área xeográfica, a contía do préstamo será de ata un 80% do citado módulo, polo número de m2 útiles e computables da vivenda. Se a vivenda tivera garaxe e rocho, a contía global do
préstamo poderá incrementarse ata cubrir o 80% do prezo fixado na escritura pública de compravenda ou adxudicación co límite de 90 m2 de vivenda (120 m2 no suposto de familias numerosas), 25 m2 de garaxe e 8 m2 de rocho.
Para acadar un financiamento superior ao comprador, o promotor deberá constituír un depósito equivalente ao exceso de financiamento que supere o 80%, quedando dito depósito pignorado ata que o saldo disposto do préstamo sexa equivalente ao 80% do prezo de compravenda/taxación inicial.
Duración:
Ata 30 anos
Xuros:
Sen prexuízo do establecido nos acordos bilaterais previstos na cláusula sétima do presente convenio, o tipo de xuros para os compradores será variable en función ao Euribor hipotecario + 250 puntos básicos.
 Igualmente poderase contratar un tipo de xuro mixto cun período de tipo de xuro fixo dun prazo máximo de 7 anos ao 3.95% ou 5 anos ao 3.25%, sendo o resto do prazo variable nas condicións antes indicadas. O tramo de xuro fixo suxeitarase ás condicións de mercado no momento da contratación.
Amortización:
A amortización do principal efectuarase nun período máximo de 30 anos, en cotas mensuais, podendo realizarse amortizacións parciais ou total do préstamo. As cotas serán constantes durante toda a vida do préstamo, dentro de cada un dos períodos de amortización que corresponda a un mesmo tipo de xuros.
Comisións:
Sen comisións.
 
 
3.- PRÉSTAMOS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS
 
Ø No suposto de que os beneficiarios sexan promotores privados que rehabilitan as vivendas con destino a venta ou arrendamento as condicións serán as mesmas que as indicadas anteriormente para a promoción de vivenda de protección autonómica.
 
Ø No suposto de que os beneficiarios sexan os particulares propietarios das vivendas as condicións serán as seguintes:
 
Garantía:
Hipotecaria ou coas garantías esixidas ás persoas prestatarias polas entidades de crédito.
Contía:
A contía do crédito poderá acadar a totalidade do orzamento protexible deducíndose, no seu caso, a totalidade das subvencións a fondo perdido concedidas por calquera administración.
No suposto de actuacións promovidas polas comunidades de propietarios, os préstamos calcularanse para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.
Duración:
Prazo máximo de 15 anos (ampliable en caso de garantía hipotecaria).
Xuros:
Sen prexuízo do establecido nos acordos bilaterais previstos na cláusula sétima do presente convenio, o tipo de xuros para os particulares será variable en función ao Euribor hipotecario + 250 puntos básicos.
Igualmente se poderá contratar un tipo de xuro mixto cun período de tipo de xuro fixo dun prazo máximo de 7 anos ao 3.95% ou 5 anos ao 3.25%, sendo o resto do prazo variable nas condicións antes indicadas. O tramo de xuro fixo suxeitarase ás condicións de mercado no momento da contratación. 
Amortización:
A amortización do principal efectuarase no período de vixencia do préstamo, en cotas mensuais, podéndose realizar amortizacións parciais ou total do préstamo. As cotas serán constantes durante toda a vida do préstamo, dentro de cada un dos períodos de amortización que corresponda a un mesmo tipo de xuros.
Comisións:
Apertura: 1.00 %.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.