O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), é o organismo encargado da
execución das políticas autonómicas en materia de vivenda.
Pode ser promotorde vivendas de protección autonómica quen impulse, programe e financie as obras de
edificación para uso propio ou para a súa posterior venda ou arrendamento a persoas que cumpran os
requisitos de acceso a estas vivendas protexidas.
A promoción debe cualificarse como protexida polo IGVS e cumprir as obrigas derivadas do seu
réxime de protección, conforme a súa cualificación, así como os demais requisitos e limitacións
inherentes á súa condición de vivendas protexidas, de conformidade co establecido na Lei de Vivenda
de Galicia e nas demais disposicións de aplicación a este tipo de vivendas.