Inicio

Xunta de Galicia

Réxime xeral

 

Procedemento telemático

 Seguir as instruccións que o IGVS establece na páxina web habilitada para tal fin

 Cancelación de fianza:

Se é o caso de cancelación dunha fianza por unha persoa distinta da arrendadora deberase enviar, á oficina correspondente do IGVS, orixinal ou copia cotexada da autorización da arrendadora.

A certificación da conta bancaria para a devolución por parte do IGVS pode enviarse por correo electrónico ao enderezo da oficina correspondente á fianza.

 

Procedemento presencial 

Presentar a seguinte documentación nun rexistro administrativo:

Constitución de fianza:

Solicitude cuberta (Anexo I do Decreto 42/2011 do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia) e a documentación que se indica no dito Anexo I.

Se solicita o depósito unha persoa distinta da arrendadora deberá ter a súa autorización por escrito.

Cancelación de fianza:

Solicitude cuberta (Anexo II do Decreto 42/2011 do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia) e a documentación indicada no propio Anexo II.

Se solicita a cancelación unha persoa distinta da arrendadora deberá ter a súa autorización por escrito.

  •   Oficinas de apoio para cubrir as solicitudes de constitución e de cancelación:

IGVS Fianzas A Coruña
Praza de Luis Seoanes s/n
15008 A Coruña
981 182 234
 
IGVS Fianzas Ferrol
Praza Camilo José Cela s/n
15403 Ferrol
981 337 161
 
IGVS Fianzas Santiago de Compostela horario 09:00-13:00
Fontiñas, Área Central
15707 Santiago de CCompostela
981 957 529
981 541 982  
 
IGVS Fianzas Lugo
Avda. Ramón Ferreiro, 28
27002 Lugo
982 294 945
 
IGVS Fianzas Ourense
Rúa Saenz Díez, 1
32003 Ourense
988 386 271
 
IGVS Fianzas Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia, 7-baixo
36071 Pontevedra
986 805 631
 
IGVS Fianzas Vigo
Praza da Estrela s/n
36201 Vigo
986 817 575
 

 

 

Documentos relacionados

Documentos relacionados

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.