Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Promoción / Autopromoción » Urbanización protexida do solo destinado á construción de vivendas protexidas

Urbanización protexida do solo destinado á construcción de vivendas protexidas


Plan de Vivenda 2009-2012

PROCEDEMENTO


1º paso : A urbanización protexida de solo
2º paso : Cumprimento dos requisitos para acceder as axudas
3º paso : Axudas


1º paso: A URBANIZACIÓN PROTEXIDA DE SOLO


O plan de vivenda 2009-2012 ofrece axudas para a urbanización de solo destinado á promoción de vivendas protexidas sempre que:
Polo menos o 50% da edificabilidade residencial da unidade de actuación se destine a vivenda protexida

Ir ao comezo

2º paso: CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS PARA ACCEDER AO FINANCIAMENTO 
¿Que requisitos hai que cumprir para acceder ao financiamento?


1)Ten que acreditar previamente a propiedade do solo, unha opción de compra ou un dereito de superficie ou concerto formalizado con quen ostente a propiedade do solo ou un dereito que conceda facultades para efectuar a urbanización.


2) Suscribir o compromiso de iniciar dentro do prazo máximo de 3 anos a construción de polo menos o 30% das vivendas protexidas de nova construción, contados desde que o Ministerio de Vivenda da a conformidade ao financiamento da subvención.


3) Ten que remitir ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) á solicitude de financiamento e  a documentación que se require no modelo de solicitude que está dispoñible na páxina web.


A solicitude ten que presentarse antes da obtención do préstamo convido correspondente á promoción das vivendas protexidas de nova construción que se vaian a edificar no dito solo.


Poderá obter préstamo convido sempre e cando a unidade de execución ou parte da mesma non as recibira de plans estatais anteriores.

O préstamo convido:


A resolución de concesión do  préstamo pode facerse efectiva en calquera entidade de crédito colaboradora do Plan de Vivenda.


A contía do préstamo convido non poderá exceder do produto da superficie edificable, segundo figure na memoria de viabilidade técnico-financeira do proxecto, multiplicada polo 20% do Módulo Básico Estatal (MBE) vixente no momento da calificación da actuación como protexida e sen exceder do coste total da actuación.


A suma dos períodos de amortización e, no seu caso, de carencia que será como máximo de 2 anos, non poderá superar os 4 anos.


Non será preciso a garantía hipotecaria, salvo que a entidade de crédito colaboradora o considere necesario. No caso de que o préstamo tivera garantía hipotecaria, quedará vencido anticipadamente no suposto de que antes de concluír os prazos indicados anteriormente, o prestatario transmitira a titulo oneroso o solo obxecto da financiación, salvo que o adquirente de dito solo se subrogara en dito préstamo.


Tipo de xuro fixo ou  variable a elección do promotor.
Non terán comisión ningunha.


O préstamo concedido vencerá anticipadamente no caso de que se obtivera un novo préstamo para financiar a promoción de vivendas que acometa o prestatario por si mesmo ou mediante concerto cun promotor.
Non obstante a escritura do préstamo para a urbanización, poderá prever que se o promotor do solo, antes de concluír o prazo de amortización do préstamo obtén a cualificación provisional de vivendas protexidas, poderá adaptar as características de dito préstamo, as do préstamo á promotores de vivendas protexidas de nova construción. 

Ir ao comezo

 

Teléfonos de axuda e direccións de interese:
 
Poderase consultar tamén na páxina Web: www.igvs.xunta.es
 
INSITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


 

A CORUÑA
Área Provincial do IGVS
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 A Coruña
Teléfono de información 981 182 347
LUGO
Área Provincial do IGVS
Avda. Ramón Ferreiro 28
27002 Lugo
Teléfono de información 982 294 602
 
OURENSE
Área Provincial do IGVS
Rúa Sáenz Díez, 1
32003 Ourense
Teléfono de información 988 386 271
PONTEVEDRA
Área Provincial do IGVS
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra
Teléfono de Información 986 805 610
 
SERVICIOS CENTRAIS
Área Central, s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela
981 541 982

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.