Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Promoción / Autopromoción » Promoción de vivendas protexidas

A Promoción de vivendas protexidas

ÍNDICE DE CONTIDOS:


I) A promoción de vivendas protexidas

  1. A promoción de vivendas protexidas para venda
  2. A promoción de vivendas protexidas para alugueiro

II) Tipos de axudas

I) A PROMOCIÓN DE VIVENDAS PROTEXIDAS

¿Quen pode ser promotor?


Poden ser promotores das vivendas de protección autonómica as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que  impulsen, programen e financien, con recursos propios ou alleos, as obras de edificación para a súa posterior venda, entrega ou cesión a terceiros baixo calquera título ou para satisfacer a súa necesidade de vivenda.


Pode optar por levar a cabo a promoción de:

 

Tipos de vivendas protexidas

1º Vivendas protexidas destinadas a venda:

2º Vivendas  protexidas destinadas ao alugueiro:

 

Alugueiro por 10 anos

Alugueiro por 25 anos

 

Todas estas vivendas terán unhas condicións específicas dependendo do réxime en que sexan cualificadas:

  

TIPO DE VIVENDA PROTEXIDAS
ÁMBITO TERRITORIAL
Prezo m2 da vivenda
Prezo m2 do rocho e garaxe, anexo ou aparcamento para motocicletas en soto ou pechados
(PBN x coefic.)
 (60% prezo m2 da vivenda)
VIVENDA DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA DE RÉXIME ESPECIAL
ZONA 1
1.137,00 €
682,20 €
ZONA 2
985,40 €
591,24 €
DE PREZO MÁXIMO SUPERIOR
1.307,55 €
784,53 €
VIVENDA DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA DE RÉXIME XERAL
ZONA 1
1.212,80 €
727,68 €
ZONA 2
1.099,10 €
659,46 €
DE PREZO MÁXIMO SUPERIOR
1.394,72 €
836,83 €
VIVENDA DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA DE RÉXIME CONCERTADO
ZONA 1
1.364,40 €
818,64 €
ZONA 2
1.250,70 €
750,42 €
DE PREZO MÁXIMO SUPERIOR
1.773,72 €
1.064,23 €

 (*) O incremento de prezo por estar ubicada en ámbito territorial de prezo máximo superior non será aplicable ás vivendas que se constúan en solos creados coa intervención de entes ou sociedades públicas ou en solos de titularidade pública alleados para a promoción de vivendas protexidas.


Zonas territoriais:

Municipios de zona territorial 1

A Coruña: Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada,  e Teo.

Lugo: Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.

Ourense: Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.

Pontevedra: A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa, Vilanova.

Municipios zona territorial 2 : resto de municipios da Comunidade Autónoma

ATPMS- Área Territorial de Prezo Máximo Superior: comprende os seguintes municipios: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra

Ir ao comezo

1. A PROMOCIÓN DE VIVENDAS PROTEXIDAS PARA VENDA


Poden ser cualificadas como protexidas para venda as vivendas de nova construción ou procedentes da rehabilitación , incluindo aquelas nas que se transmita unicamente o dereito de superficie, se cumpren unhas determinadas condicións relativas aos ingresos dos adquirentes e os prezos máximos de venda.


A duración do réxime de protección destas vivendas será de 30 anos o que conste na súa cualificación definitiva en función de se o solo foi desenvolvido ou non por un promotor público e da situación da vivenda, (artigo 60 lei 8/2012 de vivenda de Galicia).


¿Que ten que facer o promotor?

1º paso: Solicitude de cualificación provisional

Debe presentar o modelo de solicitude de cualificación provisional que aparece na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) (www.igvs.es) e achegar toda a documentación que nel se require.

2º paso: Solicitude de inicio do procedemento de adxudicación.
Unha vez obtida a cualificación provisional o promotor solicitará do director xeral do IGVS o inicio do procedemento de selección de adxudicatarios para todas as vivendas obxecto da cualificación. Antes da cualificación definitiva deberá iniciarse o proceso de adxudicación de todas as vivendas da promoción. (art. 32 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro de demandantes de vivenda, DOGA 21.01.2010).


3º paso: Apertura do procedemento de adxudicación.
O xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas declarará a apertura do procedemento de selección de adxudicatarios entre as persoas inscritas e anotadas no Rexistro. (artigos 33 e seguintes do Decreto 1/2010 de 8 de xaneiro).


4º paso: Petición de inclusión no sorteo.
As persoas interesadas na adquisición ou alugamento dunha das vivendas do edificio deberán solicitar a inclusión no sorteo dentro do prazo máximo de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación da apertura do procedemento de selección. Dita publicación farase no taboleiro de anuncios da Área Provincial correspondente, no portal de internet do IGVS, nos xornais de maior tiraxe na localidade onde se localizan as vivendas, así como no taboleiro de anuncios do Concello onde se ubiquen as vivendas.


5º Paso: Lista de admitidos
No prazo de 15 días hábiles desde o remate do prazo de petición de inclusión no sorteo publicarase a lista de admitidos e concederase un prazo de 7 días hábiles para a presentación das reclamacións que procedan.


6º Paso: Lista definitiva e sorteo
Resoltas as reclamacións no prazo máximo de 10 días, aprobarase a lista definitiva de admitidos que será debidamente publicada, e procederase a realizar un sorteo ante fedatario público entre todos aqueles que figuren na lista definitiva de admitidos. Se logo de realizar o sorteo quedaran vivendas vacantes, estas poderán adxudicarse directamente mediante resolución do xefe territorial da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), entre as persoas inscritas no rexistro e que así ó soliciten.


7º Paso Comunicación da lista de adxudicatarios
Unha vez confeccionada a lista definitiva de adxudicatarios e de reserva co seu número de orde publicarase na páxina web do IGVS e darase traslado da mesma ao promotor, co obxecto de que este ós convoque para informalos dos pasos a seguir para a formalización dos contratos e a solicitude de axudas.


8º Paso: Formalización do contrato
Convocados os demandantes de vivenda pola promotora disporán de un prazo de 45 días naturais desde a recepción da notificación para perfeccionar o contrato .


9º Paso: Visado dos contratos.
Unha vez asinados os contratos de compravenda o promotor ten que solicitar o visado dos mesmos no prazo de 1 mes.


10º Paso: Solicitude cualificación Definitiva.
Solicitar a Cualificación Definitiva no prazo máximo de 30 meses, que contarán dende a data de obtención da cualificación provisional.

Os contratos deben incluír determinadas cláusulas obrigatorias:

A) Con carácter xeral (aplicables ao contrato de compravenda e de aluguer)
B) Con carácter específico (dependendo do contrato).


  A) Con carácter xeral.


1.-Que a vivenda está suxeita ás prohibicións e limitacións do réxime de Protección, e as condicións de utilización serán as sinaladas na Cualificación Definitiva (dedicarase a residencia habitual e permanente do adquirente e os prezos de venda non poderán exceder dos límites establecidos.)


2.- A obriga de ocupar a vivenda no prazo máximo de 2 meses a partir da entrega das chaves, agás que medie xusta causa ou ser emigrante.


3.- Que o vendedor se obriga a entregar ao adquirente un exemplar do contrato debidamente visado pola Área Provincial do IGVS correspondente.


B) Con carácter específico do contrato de compravenda:


1.- A obriga do vendedor de elevar a escritura pública o contrato de compravenda ou adxudicación no prazo de 3 meses a partir da data de cualificación definitiva ou do contrato se fose posterior.


2.- Que os gastos concernentes á declaración de obra nova e división horizontal, así como os de constitución e división do crédito hipotecario, serán por conta do promotor da vivenda.


3.- Que o adquirente poderá instar a resolución do contrato no caso de denegación da cualificación definitiva da vivenda.


4.- Que o adquirente non poderá transmitir inter vivos a vivenda nin ceder o seu uso por ningún título, durante o prazo de 10 anos dende a data  de formalización da adquisición.


No caso de que se estipule a entrega de contías anticipadas do prezo da venda deberá solicitar a oportuna autorización mediante o modelo de solicitude que se facilita na paxina Web.

Ir ao comezo


2. A PROMOCIÓN DE VIVENDA PROTEXIDA PARA ALUGUEIRO


Características destas vivendas :


- A duración do réxime de protección das vivendas será o que conste na súa cualificación definitiva en función de se o solo foi desenvolvido ou non por un promotor público e da situación da vivenda, (artigo 60 lei 8/2012 de vivenda de Galicia).


- Están vinculadas ao uso de arrendamento durante 10 ou 25 anos.


-Seguirase o mesmo procedemento que para a promoción de vivendas destinadas a venda, coas excepcións do artigo 19.1º do Decreto 1/2010 para as segundas e posteriores adxudicacións de vivendas destinadas a aluguer, nas que o/a arrendador/a deberá comunicar ao Rexistro os datos do/a arrendatario/a aos únicos efectos da comprobación pola administración da súa inscrición.


- Os contratos deben incluír determinadas cláusulas obrigatorias:


A) Con carácter xeral. ( ver o apartado A) da paxina anterior) .


B)  Con carácter específico para o alugueiro:
- Que o subarrendo total ou parcial da vivenda dará lugar á resolución do Contrato.
- Que a vivenda se entrega coa alta nos servizos básicos de auga, gas e/ou electricidade.


Cadros de prezos de renda mensual por m2 das vivendas en alugueiro:

 

Aluger a 10 anos
Tipos de vivendas protexidas para alugueiro                   
Ámbito territorial
 Renda/ m2 de vivenda
Renda/ m2      de rocho e garaxe en soto ou pechados en superficie
VPA de réxime especial
zona 1
5,21 €
3,13 €
zona 2
4,52 €
2,71 €
prezo máximo superior
5,99 €
3,60 €
VPA de réxime xeral
zona 1
5,56 €
3,34 €
zona 2
5,04 €
3,02 €
prezo máximo superior
6,39 €
3,84 €
VPA de réxime concertado
zona 1
6,25 €
3,75 €
zona 2
5,73 €
3,44 €
prezo máximo superior
8,13 €
4,88 €

 

 
Aluguer a 25 anos
Tipos de vivendas protexidas para alugueiro                   
Ámbito territorial
Renda/ m2      de vivenda
Renda/ m2      de rocho e garaxe en soto ou pechados en superficie
VPA de réxime especial
zona 1
4,26 €
2,56 €
zona 2
3,70 €
2,22 €
prezo máximo superior
4,90 €
2,94 €
VPA de réxime xeral
zona 1
4,55 €
2,73 €
zona 2
4,12 €
2,47 €
prezo máximo superior
5,23 €
3,14 €
VPA de réxime concertado
zona 1
5,12 €
3,07 €
zona 2
4,69 €
2,81 €
prezo máximo superior
6,66 €
3,99 €

 

 

O arrendamento con opción de compra:


As vivendas protexidas para arrendamento por 10 anos, poderán ser obxecto dun contrato de arrendamento con opción de compra.

O inquilino que mantivera esta condición durante 5 anos poderá adquirir a vivenda unha vez que ésta estivera 10 anos en arrendamento desde a súa cualificación definitiva.

O inquilino poderá adquirila a un prezo de 1,5 veces o prezo máximo de referencia establecido na cualificación provisional, aínda que nos ATPMS poderá acadar 1,7 veces o mesmo prezo. Sempre, logo de actualización de acordo co IPC.


Tendo en conta que do prezo de venda se deducirá, en concepto de pagos parciais adiantados, polo menos o 30% da suma dos alugueiros satisfeitos polo inquilino.


Xestión das vivendas en alugueiro:


Os propietarios das vivendas protexidas para arrendamento poden ceder  a súa xestión a organismos públicos, entidades sen ánimo de lucro ou sociedades cuxo obxecto social inclúa o alugueiro de vivendas.


Os propietarios tamén poden vender as vivendas por promocións completas ou illadamente a organismos públicos, empresas públicas ou entidades sen animo de lucro.


As vendas poden efectuarse sen suxeición aos prezos máximos e previa autorización da Comunidade Autónoma.


Os novos propietarios ou cesionarios deberán cumprir coas obrigas inherentes á cualificación definitiva das vivendas e aterse ás condicións, compromisos, prazos e rendas máximas.


Unha vez esgotado o prazo de vinculación ao uso de arrendamento, estas vivendas poderán venderse a demandantes de vivendas protexidas:


- Unha vez transcorridos 25 anos dende a cualificación definitiva, e mentres continúen sendo protexidas, polo prezo máximo que corresponda a unha vivenda protexida do mesmo tipo e na mesma situación, cualificada provisionalmente no momento da venda.


- Unha vez transcorridos 10 anos dende a cualificación definitiva e mentres continúen sendo protexidas a un prezo de 1,5 veces o prezo máximo de referencia establecido na cualificación provisional, previamente actualizado coa variación do IPC desde o ano seguinte ao da cualificación definitiva.


Teléfonos de axuda e direccións de interese:

 
Poderase consultar tamén na páxina Web: www.igvs.xunta.es
 
INSITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


 

A CORUÑA
Área Provincial do IGVS
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 A Coruña
Teléfono de información 981 182 347
LUGO
Área Provincial do IGVS
Avda. Ramón Ferreiro 28
27002 Lugo
Teléfono de información 982 294 602
 
OURENSE
Área Provincial do IGVS
Rúa Sáenz Díez, 1
32003 Ourense
Teléfono de información 988 386 271
PONTEVEDRA
Área Provincial do IGVS
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra
Teléfono de Información 986 805 610
 
SERVICIOS CENTRAIS
Área Central, s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela
981 541 982

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.