Inicio

Xunta de Galicia

FONDOS EUROPEOS

PO FEDER GALICIA 2014-2020

O IGVS é un dos xestores do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, dentro do obxectivo temático 4 "Favorecer o paso a unha economía de baixo nivel de emisións de carbono en todos os sectores" e a prioridade de investimento PI4.3 Apoio da eficiencia enerxética, da xestión intelixente da enerxía e do uso de enerxías renovables nas infraestruturas públicas, incluídos os edificios públicos e nas vivendas.

Co obxecto de contribuír ao logro dos obxectivos específicos definidos no marco da prioridade do investimento, financiarase con Fondos Europeos a seguinte operación:

MEDIDAS DESTINADAS Á REHABILITACIÓN DA ENVOLVENTE DAS VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL PARA REDUCIR AS EMISIÓNS DE CARBONO E O CONSUMO ENERXÉTICO

Para lograr os obxectivos desta operación, o IGVS participa a través dunha actuación directa nas vivendas protexidas promovidas por este organismo e outra actuación a través de axudas a concellos para a rehabilitación enerxética de vivendas da súa titularidade.

Ligazóns relacionadas

Ligazóns relacionadas

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.

BIBLIOTECA DE LEXISLACIÓN

A biblioteca virtual de lexislación e normativas do Instituto Galego de Vivenda e Solo contén a maioría da normativa relacionada coa vivenda e o solo empresarial. Poderás consultala filtrándoa polo tema que che interese, segundo o tipo de normativa que busques, polo estado no que se atopa ou polo tipo de disposición de que se trate.