Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rehabilitación » Presentación

AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS DE VIVENDAS

AXUDAS A PARTICULARES E COMUNIDADES DE PROPIETARIOS

Préstamos subvencionados para rehabilitación

Consiste nunha liña de préstamos destinada a financiar a execución de obras de rehabilitación e, de ser o caso, nunha subvención dos xuros deses préstamos durante un período máximo de 48 meses e cun importe que variará en función dos ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante.

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble, as persoas membros de comunidades de propietarios/as partícipes nas actuacións promovidas pola correspondente comunidade en función da súa porcentaxe de participación, e as comunidades de propietarios/as, que poderán beneficiarse dos préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios pero non das axudas de subsidiación dos xuros dos citados préstamos.

Os préstamos deberán formalizarse con calquera das entidades financeiras participantes neste programa (Abanca, Caixabank, Caixa Rural, Banco de Sabadell e Deutsche Bank).

Rehabilitación (mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade, liña A)

Esta liña consiste en axudas destinadas ao fomento da eficiencia enerxética e da sustentabilidade (con especial atención á envolvente edificatoria) en vivendas unifamiliares, en edificios de tipoloxía residencial colectiva ou nas vivendas situadas nestes edificios. Deben reunir os seguintes requisitos:

  • Os edificios ou vivendas deben estar finalizados antes do 01/01/1996
  • Esixe unha redución da demanda enerxética anual global do 25% na zona C e 35% zona D e E.
  • No caso de vivendas unifamiliares ou nas vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, estas deben constituír o domicilio habitual e permanente á data da solicitude, da persoa propietaria, ou, de ser o caso, da persoa inquilina ou moradora. Se acreditará co correspondente certificado de empadroamento.
  • No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva:
    • Polo menos o 70% de superficie sobre rasante debe ter uso residencial (excluída planta baixa e inferiores).
    • Polo menos o 50% das vivendas do edificio deben constituír o domicilio habitual á data da solicitude, das persoas propietarias, inquilinas ou moradoras.
  • Requírese o acordo da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou de agrupación de persoas propietarias de executar as obras, salvo que a titular do edificio sexa unha soa persoa.


O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda é:

  • 40% da inversión en cada vivenda
  • 75% da inversión en cada vivenda sempre que resulten acreditados uns ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou inquilina, promotora da actuación e residente na vivenda e estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.

A contía das axudas terá os seguintes límites máximos por vivenda:

  

 
 
 
 

LIÑA A

 
 
 

VIVENDA UNIFAMILIAR

  • Xeral: 12.000 €

  • Persoa con discapacidade: 18.000 €

  • Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a 65%: 24.000 euros

 

EDIFICIO/VIVENDA DENTRO DE EDIFICIO

  • Xeral: 8.000 € por vivenda + 80€/m2 local comercial

  • Persoa con discapacidade: 12.000 €

  • Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a 65%: 16.000 euros

Estas contías increméntanse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se o edificio é BIC.

Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos de 5000 habitantes, incrementaranse un 25% máis nas axudas unitarias.

Esta liña A) é compatible coa liña B) e poderán beneficiarse dela as persoas propietarias das vivendas ou edificios a rehabilitar, as comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de persoas propietarias. Tamén poderá beneficiarse a persoa inquilina da vivenda que asuma, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación, a cambio do pagamento da renda. As vivendas deberán constituír a residencia habitual e permanente das persoas propietarias, inquilinas ou moradoras no momento de solicitar a axuda

Rehabilitación (conservación, mellora da seguridade de utilización e de accesibilidade, liña B)

Esta liña consiste en axudas destinadas ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas unifamiliares, en edificios de tipoloxía residencial colectiva ou nas vivendas situadas nestes edificios, que deben reunir iguais requisitos que os sinalados para a liña A) salvo a redución da demanda enerxética.

O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda, aplicable é:

  • 40% da inversión en cada vivenda
  • 75% da inversión en cada vivenda, sempre que resulten acreditados ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou inquilina, promotora da actuación e residente na vivenda e estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
  • 75% da inversión en cada vivenda, se na vivenda reside unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos e se realicen actuacións para a mellora da accesibilidade.


A contía das axudas terá os seguintes límites máximos por vivenda:

 

 

 

LIÑA B

CONSERVACIÓN

3.000 € por vivenda + 30 € m2/local comercial

 

SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E ACCESIBILIDADE (OU ACTUACIÓNS CONXUNTAS CON CONSERVACIÓN)

  • Xeral: 8.000 euros por vivenda + 80 € m 2/local
  • Persoa con discapacidade: 14.000 euros
  • Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a 65%: 17.000 €

Estas contías increméntanse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se o edificio é BIC.

Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos de 5000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias

Esta liña B é compatible coa liña A) e poderán beneficiarse delas as persoas propietarias das vivendas ou edificios a rehabilitar, as comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de persoas propietarias. Tamén poderá beneficiarse a persoa inquilina da vivenda que asuma, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación, a cambio do pagamento da renda. As vivendas deberán constituír a residencia habitual e permanente das persoas propietarias, inquilinas ou moradoras no momento de solicitar a axuda.

Áreas de rehabilitación integral(ARI Xeral) 

Axudas a persoas propietarias para rehabilitación ou renovación de vivendas e edificios e a concellos para urbanización de espazos urbanos e para equipos técnicos, todos eles situados dentro dunha área de rehabilitación integral.

A contía máxima unitaria por vivenda desta axuda estatal pode alcanzar:

  • En obras de eficiencia enerxética con redución de demanda e en sustentabilidade: 12.000 € por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 120 €/m2 de local comercial.
  • En obras de conservación e accesibilidade: 8.000 euros por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 120 €/m2 de local comercial.

Estas contías incrementaranse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se o edificio ou vivenda é Ben de interese cultural (BIC).

Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos de 5000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias.

  • En actuacións de renovación: 30.000 € por vivenda construída en substitución doutra previamente demolida en casos de infravivenda e chabolismo.
  • En actuacións de urbanización: 2.000 € por vivenda
  • Para equipos técnicos: 1.000 € por vivenda
  • En actuacións de realoxo temporal: 4.000 € anuais por unidade de convivencia durante o tempo que duren as obras e máximo 3 anos.

O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda é:

  • 40% da inversión en cada vivenda salvo realoxo e para financiamento de equipos técnicos
  • 75% da inversión en cada vivenda susceptible de actuacións de rehabilitación: sempre que resulten acreditados ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente e estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
  • 75% da inversión en cada vivenda susceptible de actuacións de rehabilitación: se na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos e se realicen actuacións para a mellora da accesibilidade.

As axudas da Xunta de Galicia, que se suman ás anteriores son de ata 4.000 euros por vivenda obxecto de actuacións de rehabilitación, sen que a subvención poida exceder do 10% do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio e 1.500 € para equipos técnicos por cada vivenda rehabilitada ou renovada.

Poderán solicitalas tanto particulares como comunidades de persoas propietarias.

 

Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) nas vivendas do Camiño de Santiago e no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Axudas destinadas a financiar a rehabilitación ou renovación en edificios de tipoloxía residencial colectiva, en vivendas unifamilares e vivendas situadas no interior de edificios, nos ámbitos das Áreas de Rehabilitación dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A contía máxima unitaria desta axuda estatal pode alcanzar:

  • En obras de eficiencia enerxética con redución de demanda e en sustentabilidade: 12.000 € por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 120 €/m2 de local comercial.
  • En obras de conservación e accesibilidade: 8.000 euros por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 80 €/m2 de local comercial.

Estas contías incrementaranse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se o edificio ou vivenda é BIC.

  • Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos de 5000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias.
  • En actuacións de renovación: 30.000 € por vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.

O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda é:

  • 40% da inversión en cada vivenda.
  • 75% da inversión en cada vivenda susceptible de actuacións de rehabilitación sempre que se trate dunha vivenda unifamiliar ou de actuacións de rehabilitación no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva: só cando resulten acreditados ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente e estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
  • 75% da inversión en cada vivenda: se na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos e se realicen obras para a mellora da accesibilidade.

As axudas por actuacións de rehabilitación non serán acumulables coas axudas por actuacións de renovación.

As axudas da Xunta de Galicia, que se suman ás anteriores, son as seguintes:

  • Ata 4.000 euros por vivenda obxecto de actuacións de rehabilitación ou renovación, sen que a subvención poida exceder do 10% do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio.
  • Incrementarase en 1.000 euros por vivenda obxecto de actuacións de rehabilitación ou renovación, sempre que se adapten á “Guía de cores e materiais” aprobada pola Xunta de Galicia.

Para poder solicitar as axudas correspondentes a estas dúas ARIs é requisito imprescindible contar coa cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas, as comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de persoas propietarias. Na ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, poderán solicitalas ademais, as persoas físicas con algún dereito real e as persoas titulares dunha concesión sobre o edificio ou vivenda situada neste ámbito.

 

ARI supramunicipal da Ribeira Sacra

Axudas dirixidas a persoas propietarias de vivendas para actuacións de rehabilitación ou renovación así como aos concellos para actuacións de urbanización e reurbanizacións no ámbito desta ARI, que comprende 25 concellos (13 na provincia de Lugo e 12 na provincia de Ourense).

A ARI supramunicipal da Ribeira Sacra foi declarada mediante Resolución do 21.02.2020 da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Mentres non se proceda á publicación da correspondente convocatoria para poder solicitar este tipo de axudas, poderase solicitar, se é o caso, as axudas correspondentes aos programas de fomento da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora de seguridade de utilización e da accesibilidade, así como as correspondentes ao programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e deste programa correspondente á área de rehabilitación integral do Camiño de Santiago, de ser o caso.

A contía máxima unitaria desta axuda estatal pode alcanzar:

  • En obras de eficiencia enerxética con redución de demanda e en sustentabilidade: 12.000 € por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 120 €/m2 de local comercial.
  • En obras de conservación e accesibilidade: 8.000 euros por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 80 €/m2 de local comercial.

Estas contías incrementaranse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se o edificio ou vivenda é BIC.

  • Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos de 5000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias.
  • En actuacións de renovación: 30.000 € por vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.

O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda é:

  • 40% da inversión en cada vivenda.
  • 75% da inversión en cada vivenda susceptible de actuacións de rehabilitación sempre que se trate dunha vivenda unifamiliar ou de actuacións de rehabilitación no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva: só cando resulten acreditados ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente e estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
  • 75% da inversión en cada vivenda: se na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos e se realicen obras para a mellora da accesibilidade.

As axudas por actuacións de rehabilitación non serán acumulables coas axudas por actuacións de renovación.

As axudas da Xunta de Galicia, que se suman ás anteriores, son as seguintes:

  • Ata 4.000 euros por vivenda obxecto de actuacións de rehabilitación ou renovación, sen que a subvención poida exceder do 10% do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio.
  • Ata 1.500 euros por vivenda rehabilitada ou construída en substitución doutra demolida, para financiar o custo dos equipos e das oficinas de planeamento, de información, de xestión e de acompañamento social.
  • Incrementarase en 1.000 € por vivenda se se adapta á guía de cores elaborada pola Xunta de Galicia.

 

Programa Rehaluga

Axudas dirixidas aos propietarios que realicen melloras en inmobles para incorporalas ao Programa social de Vivendas Baleiras. As actuacións subvencionaranse polo gasto xustificado, sen que o importe desta axuda poida superar a cantidade de 8.000 euros en ningún caso.

Reparación e mellora de vivendas de promoción pública

Axudas a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública para rehabilitación e mellora dos elementos comúns dos edificios cun alcance máximo do 60% do investimento da obra.

 

AXUDAS A CONCELLOS

Fondo de cooperación para a rehabilitación

Os concellos de menos de 50.000 habitantes poderán acceder a préstamos sen xuros destinados a adquisición e/ou rehabilitación, incluindo obras sobre edificios en mal estado nos que os seus propietarios non atenden as correspondentes ordes municipais. O fondo está dotado con 10 millóns de euros.

Rehabilitación das antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal

Axudas a concellos de menos de 20.000 habitantes dirixidas á recuperación de vivendas de mestres, outros oficios e outros inmobles de titularidade municipal para o seu destino a alugueiro social. A contía máxima da axuda será do 90% do orzamento das obras, cun máximo de 40.000€ por vivenda rehabilitada e 48.000€ se está situada no ámbito do Camiño de Santiago.

Infravivenda do plan Rehavita

Axudas, a concellos de menos de 10.000 habitantes, dirixidas á rehabilitación de vivendas sen condicións mínimas de habitabilidade, propiedade de particulares ou do propio municipio. A contía máxima desta axuda é o 95% do investimento, cun límite máximo de 15.000 €.

Áreas de rehabilitación

Na área de rehabilitación o concello pode recibir 4.000 € por cada vivenda rehabilitada e 1.500 € para equipos técnicos por cada vivenda rehabilitada ou construída en substitución doutra demolida.

Áreas de rexeneración urbana de interese autonómico (Rexurbe)

As áreas Rexurbe son áreas de intervención no medio urbano que, polas súas especiais características precisan dunha maior implicación da administración autonómica e local para dinamizar e revitalizar o seu ámbito.

Estas áreas declaradas pola Xunta de Galicia, por solicitude dos concellos interesados, comprenden aqueles ámbitos con consideración de conxuntos históricos e con declaración de ben de interese cultural que se atopen nun proceso de degradación arquitectónica, urbanística ou ambiental, cunha situación demográfica delicada e con graves problemas económicos e sociais.

Mediante Resolución do 17 de febreiro de 2020 da Dirección Xeral do IGVS fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de febreiro de 2020, polo que se declara área de rexeneración urbana de interese autoómico o conxunto histórico de Mondoñedo e unha zona contigua de características similares (rúa Álvaro Cunqueiro e San Roque parte alta da estrada dos Remedios).

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.